15. Nos confíns do Sistema Solar

Que é a forza da gravidade?
    A forza da gravidade é unha das interaccións fundamentais da natureza, que fai que corpos dotados de masa se atraian entre si con maior intensidade na medida en que sexan máis voluminosos ou estean máis cerca uns dos outros.
    A Lei de gravitación universal que a explica e permite calculala foi proposta por Isaac Newton en 1687, supostamente tras recibir o impacto dunha mazá na cabeza.
    Posteriormente, o físico Albert Einstein, baseándose en Newton e nos seus propios descubrimentos, postulou a súa Teoría da Relatividade Xeral, na que reformulou algúns aspectos da gravitación newtoniana.

Que é a nube de Oort? A que distancia se atopa do Sol?
    A nube de Oort é unha agrupación esférica de 100.000 millóns de corpos feitos de rochas, xeo e po.
    Foi descuberta en 1950 polo astrónomo holandés Jan Hendrik Oort, e créese que os seus confíns poderían estar a 14 959 787 070 000 000 metros do Sol.

Indica unha breve información sobre algún dos cometas
    O cometa Halley é un cometa pertencente ao cinturón de Kuiper que orbita arredor do Sol aproximadamente cada 76 anos, aínda que o seu período orbital pode oscilar entre 74 e 79 anos.
    Foi observado por última vez no ano 1986 preto da órbita terrestre, polo que se calcula que volverá ser visto no ano 2061.
    Trátase do cometa mellor documentado, xa que é o único cometa de ciclo corto visible a simple vista.

Que é Oumuamua?
    O asteroide Oumuamua entrou no Sistema Solar tras chocar con outro corpo celeste fai miles de millóns de anos, mais pertence a outro sistema estelar.
    As variacións de brillo que produce ao xirar sobre si mesmo revelaron que presenta unha forma alargada e, ademais, que o seu día dura aproximadamente sete horas.
    Trátase dun asteroide composto por rochas e posiblemente metais. Ademais, sábese que non ten auga e que a súa superficie se puxo máis vermella polo efecto prolongado da irradiación de raios cósmicos.

https://estaticos-cdn.elperiodico.com/clip/cd24b790-2d44-4754-887e-0e55e489c096_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg

Comentarios