Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2022

40. A hominización

Dentro da variedade de especies e xéneros que constitúen a nosa "árbore xenealóxica" podemos observar como o proceso evolutivo seguiu unhas tendencias determinadas que, ao longo do tempo, nos foron afastando das características dos primates (como, por exemplo, o andar bípedo ou o aumento do cráneo). Nesta entrada tes que ampliar cales foron ditas tendencias evolutivas. As tendencias evolutivas da orde primate que foron dando lugar á aparición dos homínidos son: Tendencia ao bipedismo ou postura ergueita Liberación do chan das extremidades anteriores (como consecuencia do bipedismo), que se transformaron en superiores. Estas puidéronse empregar para agarrar e coller alimentos e utensilios, o que favoreceu a construción de ferramentas e contribuíu ao desenvolvemento da intelixencia, que permitiu o desenvolvemento da linguaxe Co paso do tempo, mans menos bastas e dedos máis finos. Ademais, o polgar fíxose mais longo en relación co resto dos dedos. As uñas tenderon a reducirse e

Infografía "A evolución humana"

Imaxe
 

37. Exemplos de infografías

Imaxe
Busca 5 exemplos de infografías con temas e aspectos diferentes sobre as cuestións científicas que tratamos neste curso: ciencia, universo, planeta Terra, vida, seres vivos, mediciña e tecnoloxía. Fai unha breve descrición do que se explica na infografía. Nesta infografía apórtanse datos sobre o Sol e a distancia á que están os planetas con respecto a este: Esta infografía fala do ácido desoxirribonucleico, aportando curiosidades sobre o mesmo: Aquí tamén se aportan curiosidades, pero neste caso son sobre o planeta Terra: Nesta infografía fálase sobre os tardígrados, dicindo onde viven, cantas especies hai e aportando diversos datos sobre eles: Esta infografía presenta a doce mulleres que foron importantes no ámbito da ciencia e fala sobre os seus correspondentes descubrimentos:

36. Extincións

Das distintas extincións que se produciron na historia da Terra indica: cando sucedeu cada unha, a que foi debida, exemplos de especies que desapareceron e porcentaxe de especies que se extinguiron. Extinción masiva do Ordovícico-Silúrico : Tivo lugar fai 443 millóns de anos. Causada, probablemente, por un período glacial ou pola diminución da cantidade de osíxeno dispoñible. Recentemente, pénsase que foi a explosión dunha supernova a que provocou efectos devastadores en todos os seres vivos. Provocou a desaparición de trilobites, arqueociátidos, braquiópodos, conodontes e graptolitoideos. O Orthoceras desapareceu nesta extinción. O 86% das especies desapareceron. Extinción masiva do Devónico-Carbonífero : Tivo lugar fai 367 millóns de anos. Causada pola aparición de novas plantas terrestres, que liberaron nutrintes no océano, proliferando a poboación de algas, que absorberon o osíxeno da auga, condenando así a vida animal. Provocou a desaparición case total dos trilobites. O Dunkleost

35. A evolución

Imaxe
A evolución prodúcese, principalmente, debido á variabilidade xenética, ás mutacións, á recombinación xenética, á deriva xenética, ao fluxo xenético, á selección natural e á "loita" pola supervivencia.

34. Darwin e Wallace

Cal foi a causa pola que Darwin, e non Wallace, é considerado o "pai" da teoría da evolución? Wallace envioulle as súas ideas ao naturalista inglés Charles Darwin, con quen intercambiou varias cartas. Darwin, que estivera traballando durante 20 anos na súa propia teoría da selección natural, aínda non publicara as súas ideas por medo a que foran rexeitadas. Pronto se decatou de que os descubrimentos de Wallace encaixaban cos seus, polo que decidiu dar o paso. Presentou ambos documentos á vez para que os dous recibiran crédito pola teoría da evolución e, no momento, ambos se fixeron famosos. Sen embargo, logo de que en 1859 Darwin publicara o seu libro A Orixe das Especies por Medio da Selección Natural, este quedou na memoria da xente como o home que descubriu a evolución, polo que Wallace foi esquecido pola maioría da xente. En que zonas xeográficas "recolectaron" respectivamente as probas de que os seres vivos evolucionan? Para "recolectar" as súas proba