40. A hominización
Dentro da variedade de especies e xéneros que constitúen a nosa "árbore xenealóxica" podemos observar como o proceso evolutivo seguiu unhas tendencias determinadas que, ao longo do tempo, nos foron afastando das características dos primates (como, por exemplo, o andar bípedo ou o aumento do cráneo).
Nesta entrada tes que ampliar cales foron ditas tendencias evolutivas.
As tendencias evolutivas da orde primate que foron dando lugar á aparición dos homínidos son:
- Tendencia ao bipedismo ou postura ergueita
- Liberación do chan das extremidades anteriores (como consecuencia do bipedismo), que se transformaron en superiores. Estas puidéronse empregar para agarrar e coller alimentos e utensilios, o que favoreceu a construción de ferramentas e contribuíu ao desenvolvemento da intelixencia, que permitiu o desenvolvemento da linguaxe
- Co paso do tempo, mans menos bastas e dedos máis finos. Ademais, o polgar fíxose mais longo en relación co resto dos dedos. As uñas tenderon a reducirse e a pel dos dedos (en especial das xemas) acumulou maior cantidade de corpúsculos sensitivos, facéndose fina, delicada e sensible
- Desenvolvemento progresivo da capacidade craneal, co consecuente aumento do volume do encéfalo e do número de neuronas
- Crecente neotenia, polo que os seres humanos conservan de adultos caracteres infantís
- Progresiva falta de pelo no corpo e lento pero gradual incremento na estatura
- Desplazamento dos ollos cara a parte frontal, que permite unha visión binocular e a percepción das tres dimensións
- Progresiva gracilidade e empequenecemento dos arcos mandibulares, coa consecuente redución de dentes
Comentarios
Publicar un comentario