36. Extincións
Das distintas extincións que se produciron na historia da Terra indica: cando sucedeu cada unha, a que foi debida, exemplos de especies que desapareceron e porcentaxe de especies que se extinguiron.
Extinción masiva do Ordovícico-Silúrico:
Extinción masiva do Devónico-Carbonífero:
Extinción masiva do Pérmico-Triásico:
Extinción masiva do Triásico-Xurásico:
Extinción masiva do Ordovícico-Silúrico:
- Tivo lugar fai 443 millóns de anos.
- Causada, probablemente, por un período glacial ou pola diminución da cantidade de osíxeno dispoñible. Recentemente, pénsase que foi a explosión dunha supernova a que provocou efectos devastadores en todos os seres vivos.
- Provocou a desaparición de trilobites, arqueociátidos, braquiópodos, conodontes e graptolitoideos.
- O Orthoceras desapareceu nesta extinción.
- O 86% das especies desapareceron.
Extinción masiva do Devónico-Carbonífero:
- Tivo lugar fai 367 millóns de anos.
- Causada pola aparición de novas plantas terrestres, que liberaron nutrintes no océano, proliferando a poboación de algas, que absorberon o osíxeno da auga, condenando así a vida animal.
- Provocou a desaparición case total dos trilobites.
- O Dunkleosteus desapareceu nesta extinción.
- O 82% das especies desapareceron.
Extinción masiva do Pérmico-Triásico:
- Tivo lugar fai 251 millóns de anos.
- Causada por unha apocalipse volcánica que case acaba coa vida na Terra. O gran volume de gases de efecto invernadoiro producido polos millóns de quilómetros cúbicos de lava expulsados xeraron un quecemento global que derivou en tal desastre.
- Provocou a desaparición do 70% dos vertebrados terrestres e do 90% das especies nos océanos.
- O Lycaenops desapareceu nesta extinción.
- O 96% das especies desapareceron.
Extinción masiva do Triásico-Xurásico:
- Tivo lugar fai 210 millóns de anos.
- Causada pola fragmentación do supercontinente Panxea con erupcións masivas. As temperaturas ascenderon tanto que afectaron de forma letal á vida mariña e terrestre.
- Provocou a desaparición do 75% dos invertebrados mariños. Ademais, só sobreviviron tres dos arcosaurios: Crocodilia, Dinosauria e Pterosauria.
- O Thrinaxodon desapareceu nesta extinción.
- O 76% das especies desapareceron.
Extinción masiva do Cretácico-Paleóxeno:
- Tivo lugar fai 65 millóns de anos.
- Causada polo impacto dun gran asteroide que causou a fin do reinado dos dinosaurios, así como de moitos outros organismos.
- Provocou a desaparición de case todas as especies de ammonites.
- O Nautilus desapareceu nesta extinción.
- O 76% das especies desapareceron.
Comentarios
Publicar un comentario