34. Darwin e Wallace

Cal foi a causa pola que Darwin, e non Wallace, é considerado o "pai" da teoría da evolución?
Wallace envioulle as súas ideas ao naturalista inglés Charles Darwin, con quen intercambiou varias cartas. Darwin, que estivera traballando durante 20 anos na súa propia teoría da selección natural, aínda non publicara as súas ideas por medo a que foran rexeitadas. Pronto se decatou de que os descubrimentos de Wallace encaixaban cos seus, polo que decidiu dar o paso.

Presentou ambos documentos á vez para que os dous recibiran crédito pola teoría da evolución e, no momento, ambos se fixeron famosos. Sen embargo, logo de que en 1859 Darwin publicara o seu libro A Orixe das Especies por Medio da Selección Natural, este quedou na memoria da xente como o home que descubriu a evolución, polo que Wallace foi esquecido pola maioría da xente.

En que zonas xeográficas "recolectaron" respectivamente as probas de que os seres vivos evolucionan?
Para "recolectar" as súas probas, Darwin visitou as illas Galápagos, Tahití, Nova Zelandia, Australia, Tasmania e as illas Cocos. Por outra parte, Wallace foi ás que agora son Malaisia, Indonesia, Timor oriental e Papúa-Nova Guinea.

Qué observou Darwin nas illas Galápagos?
O naturalista británico chegou en 1835 ao arquipélago como participante dunha viaxe científica. Darwin observou nas Galápagos especies de vida silvestre altamente especializadas en cada illa e especies animais endémicas que non se viran xamais.

Cando Charles Darwin chegou ás illas Galápagos, chamoulle a atención que, en cada unha das illas que conformaban o arquipélago, os pinzóns tiñan un pico diferente. Grazas a esta diferenza que observou nas aves, pensou que as especies non eran estables, senón que cambiaban as súas características físicas para adaptarse ás presións do entorno.

A que se refire o termo "loita pola supervivencia"?
Segundo Darwin, a evolución das especies fai que un individuo se adapte ao medio, sendo o mellor adaptado o que sobrevive e transmite as súas características exitosas aos seus descendentes.

Comentarios