Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2022

50. Os trastornos mentais

Escolle tres enfermidades mentais de distinta índole. De cada unha describe o trastorno, o seu tipo ou categoría e a súa incidencia na poboación española. Algúns tipos de transtornos mentais son: Trastornos do neurodesenvolvemento: son problemas que adoitan ter o seu inicio na infancia ou nenez. Un exemplo é o trastorno do espectro autista , unha afección grave relacionada co desenvolvemento do cerebro que afecta á capacidade de comunicarse e interactuar cos demais e que vai acompañada de patróns de comportamento e intereses restrinxidos e repetitivos. En España, calcúlase que unhas 350.000 persoas teñen diagnóstico de autismo. Trastornos psicóticos: caracterízanse principalmente pola perda de conexión coa realidade e a aparición de delirios, alucinacións ou pensamento e fala desorganizados. Un exemplo é a esquizofrenia , unha enfermidade mental grave que afecta algunhas funcións cerebrais tales como o pensamento, a percepción, as emocións e a conduta. Entre os síntomas frecuentes está

49. As enfermidades "raras"

Indica 5 enfermidades raras ou pouco coñecidas. De cada unha indica brevemente o seu nome e síntomas. Síndrome de Moebius : enfermidade rara do desenvolvemento. Dous importantes nervios craniais non están totalmente desenvoltos nestes pacientes. Estes nervios controlan o pestanexo, o movemento lateral dos ollos e as múltiples expresións da cara, polo que causa parálise facial e falta de movemento nos ollos. A falta de expresión facial pode acompañarse de babexo, dificultades na fala e problemas de pronuncia. Esclerose lateral amiotrófica : enfermidade neurodexenerativa que causa unha perda progresiva das neuronas motoras. En aproximadamente dúas terceiras partes dos pacientes empézase con debilidade e deterioración muscular de membros asimétrica. A enfermidade é progresiva, con discapacidade e minusvalía en aumento, conducindo xeralmente á morte como consecuencia de insuficiencia respiratoria nun prazo de 3 a 5 anos aproximadamente. Síndrome de Prader Willi : enfermidade rara do desenv

48. Diagnose e tratamento

Diagnóstico : acción e efecto de recoñecer a natureza dunha enfermidade polos seus síntomas e signos. Medicamento : substancia que serve para curar ou previr unha enfermidade, para reducir os seus efectos sobre o organismo ou para aliviar unha dor física. Cirurxía : parte da medicina que trata as enfermidades, deformidades e traumatismos por medio de operacións manuais ou utilizando instrumentos. Patente (dun medicamento) : conxunto de dereitos exclusivos concedidos por un Estado ao inventor dun novo medicamento, susceptible de ser explotado comercialmente, por un período limitado de tempo a cambio da divulgación da invención. Transplante (de órganos) : procedemento cirúrxico mediante o que se transfire un órgano dunha área a outra do corpo ou dunha persoa (doante) a outra persoa (receptor). Principio activo : ingrediente principal dun medicamento que exerce a acción terapéutica sobre o organismo.

47. A medicina nos séculos XVII, XVIII e XIX

Fai un informe (de 15 a 30 liñas) describindo as investigacións e os descubrementos de tres científic@s no campo da mediciña. Edward Jenner (1749 – 1823) Cando tiña 8 anos, Edward viviu unha experiencia traumática na que estivo ao bordo da morte. Houbo un brote de varíola na súa cidade natal e foi sometido ao único tratamento preventivo que se coñecía: fixéronlle un corte no brazo e introducíronlle o contido purulento da vesícula dun enfermo de varíola. Aos 14 anos comezou a súa formación como cirurxián e farmacéutico, e con 21 anos converteuse en discípulo do cirurxián e anatomista John Hunter. Ao estudar o feito de que as mulleres que muxían as vacas eran xeralmente inmunes á varíola, Jenner postulou que o contacto das leiteiras durante o muxido co pus das bochas das vacas protexíaas da varíola. O 14 de maio de 1796, Jenner elixiu a un neno de 8 anos para infectalo, primeiro co virus bovino e logo, co humano. En ambos os casos, o neno nin enfermou nin morreu. Logo, repetiu o proced

46. A Idade Media

Cal era a concepción cristiana da enfermidade? Durante a Idade Media, a enfermidade considerábase como unha proba que Deus enviaba ao individuo, como un castigo divino. A causa da enfermidade era o pecado, cuxa curación pasaba directamente pola intervención divina. A quen se lle encomendou o tratamento dos enfermos? Cales eran os hospitais da época?      Os coñecementos médicos e sanitarios foron conservados e exercidos nos monasterios, que estaban ubicados en lugares illados para que as enfermidades non se propagaran con facilidade. Boa parte dos xardíns dos monasteros, polo tanto, estaba adicado ao cultivo de herbas medicinais.      Os primeiros hospitais atopábanse nos monasterios, pero máis adiante edificáronse hospitais independentes coa idea de coidar ao próximo. A asistencia ao enfermo era máis unha obra de caridade ou misericordia que de xustiza, polo que normalmente era exercida por sacerdotes ou clérigos. Indica o nome de tres médicos de orixe árabe. Algúns médicos árabes ilu

45. Os primeiros médicos

Fai unha entrada describindo brevemente a vida e as aportacións médicas de Galeno e Hipócrates.      Galeno foi un médico grego do século II experto en preparar medicamentos. Naceu en Pérgamo, actual Bergama (en Turquía), no ano 129 d.C. e con tan só 20 anos chegou a converterse en terapeuta do "Asclepeion de Pérgamo", un templo "curativo" consagrado ao deus Asclepio. Alí iniciou os seus estudos de medicina que completou en Esmirna e Corintco, e foi tamén neses primeiros anos cando tomou contacto coa obra do célebre médico Hipócrates de Cos.      Galeno, entre outras moitas cousas, demostrou como diversos músculos son controlados pola médula espiñal, identificou sete pares de nervios craneais, demostrou que é o cerebro o órgano encargado de controlar a voz, demostrou as funcións do ril e da vexiga, demostrou que polas arterias circula sangue (e non aire), descubriu diferenzas estructurais entre veas e arterias e describiu as válvulas do corazón.      Hipócrates  fo

44. As primeiras civilizacións

Indica algúns escritos das antigas civilizacións de Medio Oriente, China, India e Exipto que traten temas relacionados coa saúde e a medicina. Na civilización mesopotámica escribiuse o código "Hammurabi", un dos textos máis antigos que trata sobre a medicina e a saúde. En Exipto escribiron papiros: "Ebers" (recopilación de escritor médicos), "Edwin Smith" (documentos quirúrxicos), "Lahun" (fala sobre xinecoloxía), "Hearst" (formulario médico), "Londres" (contén rutiais curativos), etc. Na India tiñan a "Verda", un texto de ritos curativos.

43. As orixes máxicas da medicina

Prepara un informe (10 - 20 liñas) sobre aquelas persoas que xurdiron en todas as sociedades antigas e que, utilizando os seus supostos poderes máxicos, acadaron un importante posto nestas sociedades. Nos pobos primitivos a enfermidade considerábase castigo dalgunha divindade ou críase resultado de romper un tabú ou algunha regra sagrada para a tribo. A concepción da enfermidade era máxica e, polo tanto, o diagnóstico e o tratamento tamén requirían de medios e ritos máxicos.   Na Asiria antiga, por exemplo, a medicina era esencialmente máxico-relixiosa. Alí os encargados da medicina eran os Asu , que tiñan unha predilección por considerar que a posesión por espíritos era a causa das enfermidades. Para a curación dos males, os homes primitivos invocaban aos mesmos deuses ou espíritos, invocación que estaba a cargo de seres humanos con características especiais aos que chamaron magos, bruxos, sacerdotes e médicos. Máis tarde apareceu o chamán. Denominado así o médico bruxo que se orixino

42. O encéfalo

Cal é a parte máis primitiva do cerebro humano? Cal é a súa función? A parte máis primitiva do cerebro é o tronco encefálico, que serve para regular funcións vitais básicas (como a respiración ou o metabolismo) e reaccións ou movementos automáticos. Que parte do cerebro se desenvolveu coa aparición dos mamíferos? Que nos aportou? Coa aparición dos primeiros mamíferos desenvolvéronse a codia e o sistema límbico, un novo territorio celular que rodeou ao tronco encefálico e deu lugar á aparición da aprendizaxe e da memoria. Que é e de que se encarga o neocórtex? O neocórtex é o estrato de células cerebrais máis evolucionado que se encarga das capacidades cognitivas superiores que permiten planificar, comprender e desenvolver a vontade. Cal é a diferenza fundamental do encéfalo entre humanos e chimpancés? A diferenza fundamental do encéfalo entre humanos e chimpancés é a codia cerebral, que na especie humana supón o 76% do cerebro e nos chimpancés supón o 72% do cerebro.

41. Dúas marabillas

Fai un comentario sobre o seguinte enlace .      No enlace fálase das numerosas similitudes que atoparon un astrofísico da Universidade de Bolonia e un neurocirurxián da Universidade de Verona entre a rede cósmica de galaxias e a rede de células neuronais do cerebro humano, pois ambas presentan 100 mil millóns de galaxias e 69 mil millóns de neuronas, respectivamente.      Así mesmo, tamén presentan similitudes en canto á masa, pois ambas están formadas por un 30% de galaxias ou neuronas e un 70% de enerxía escura ou auga.     Sinceramente, parécenme unhas cifras sorprendentes, pois se ben unha diferencia de 31 mil millóns de neuronas pode ser notable, a coicidencia en canto á masa paréceme asombrosa, xa que o cerebro e o Universo non parecen ter nada en común e resulta que presentan unha mesma proporción de compoñentes.      Ademais, o astrofísico e mais o neurocirurxián recalcan que ambas redes presentan máis semellanzas entre elas que o Universo cunha galaxia ou a rede neuronal co i