45. Os primeiros médicos
Fai unha entrada describindo brevemente a vida e as aportacións médicas de Galeno e Hipócrates.
Galeno foi un médico grego do século II experto en preparar medicamentos. Naceu en Pérgamo, actual Bergama (en Turquía), no ano 129 d.C. e con tan só 20 anos chegou a converterse en terapeuta do "Asclepeion de Pérgamo", un templo "curativo" consagrado ao deus Asclepio. Alí iniciou os seus estudos de medicina que completou en Esmirna e Corintco, e foi tamén neses primeiros anos cando tomou contacto coa obra do célebre médico Hipócrates de Cos.
Galeno, entre outras moitas cousas, demostrou como diversos músculos son controlados pola médula espiñal, identificou sete pares de nervios craneais, demostrou que é o cerebro o órgano encargado de controlar a voz, demostrou as funcións do ril e da vexiga, demostrou que polas arterias circula sangue (e non aire), descubriu diferenzas estructurais entre veas e arterias e describiu as válvulas do corazón.
Hipócrates foi un médico grego que naceu na illa grega de Cos (no Mar Exeo) no ano 460 a.C. Pertencía a unha familia que rendía culto a Asclepios (deus grego da medicina) e que practicaba a medicina sacerdotal. Dende novo viaxou de cidade en cidade atendendo aos enfermos e recibindo as ensinanzas de grandes mestres, alcanzando así unha grande reputación como médico. Anos despois volveu a Cos, onde fundou unha escola de medicina. Logo trasladouse a Larisa (na rexión grega de Tesalia), onde estableceu outra escola.
Hipócrates, entre outras moitas cousas, describiu a acropaquia, o cancro de pulmón e a cardiopatía cianótica; describiu a "cara hipocrática"; clasificou as enfermidades en agudas, crónicas, endémicas e epidémicas; describiu a sintomatoloxía, o tratamento quirúrxico e o pronóstico do empiema torácico; e describiu as enfermidades do recto e o seu tratamento.
Comentarios
Publicar un comentario