41. Dúas marabillas

Fai un comentario sobre o seguinte enlace.
    No enlace fálase das numerosas similitudes que atoparon un astrofísico da Universidade de Bolonia e un neurocirurxián da Universidade de Verona entre a rede cósmica de galaxias e a rede de células neuronais do cerebro humano, pois ambas presentan 100 mil millóns de galaxias e 69 mil millóns de neuronas, respectivamente.
    Así mesmo, tamén presentan similitudes en canto á masa, pois ambas están formadas por un 30% de galaxias ou neuronas e un 70% de enerxía escura ou auga.
    Sinceramente, parécenme unhas cifras sorprendentes, pois se ben unha diferencia de 31 mil millóns de neuronas pode ser notable, a coicidencia en canto á masa paréceme asombrosa, xa que o cerebro e o Universo non parecen ter nada en común e resulta que presentan unha mesma proporción de compoñentes.
    Ademais, o astrofísico e mais o neurocirurxián recalcan que ambas redes presentan máis semellanzas entre elas que o Universo cunha galaxia ou a rede neuronal co interior do corpo das neuronas. Ese dato tamén me parece moi interesante, pois a lóxica leva a pensar que unha galaxia presenta moito parecido co Universo, mais eles din que iso non é así, senón que o Universo ten máis coincidencias co cerebro.

Comentarios