43. As orixes máxicas da medicina
Prepara un informe (10 - 20 liñas) sobre aquelas persoas que xurdiron en todas as sociedades antigas e que, utilizando os seus supostos poderes máxicos, acadaron un importante posto nestas sociedades.
Nos pobos primitivos a enfermidade considerábase castigo dalgunha divindade ou críase resultado de romper un tabú ou algunha regra sagrada para a tribo. A concepción da enfermidade era máxica e, polo tanto, o diagnóstico e o tratamento tamén requirían de medios e ritos máxicos.
Na Asiria antiga, por exemplo, a medicina era esencialmente máxico-relixiosa. Alí os encargados da medicina eran os Asu, que tiñan unha predilección por considerar que a posesión por espíritos era a causa das enfermidades.

Para a curación dos males, os homes primitivos invocaban aos mesmos deuses ou espíritos, invocación que estaba a cargo de seres humanos con características especiais aos que chamaron magos, bruxos, sacerdotes e médicos.
Máis tarde apareceu o chamán. Denominado así o médico bruxo que se orixinou na antiga Siberia, o chamán era un individuo con superioridade sobre os demais (dadas as adquisicións de coñecementos) que estivo encargado do coidado dos individuos do clan ou tribo e que facía uso de herbas, animais, minerais e coñecementos sobre a anatomía do doente para o tratamento dos seus males.
Comentarios
Publicar un comentario