46. A Idade Media

Cal era a concepción cristiana da enfermidade?
Durante a Idade Media, a enfermidade considerábase como unha proba que Deus enviaba ao individuo, como un castigo divino. A causa da enfermidade era o pecado, cuxa curación pasaba directamente pola intervención divina.

A quen se lle encomendou o tratamento dos enfermos? Cales eran os hospitais da época?
    Os coñecementos médicos e sanitarios foron conservados e exercidos nos monasterios, que estaban ubicados en lugares illados para que as enfermidades non se propagaran con facilidade. Boa parte dos xardíns dos monasteros, polo tanto, estaba adicado ao cultivo de herbas medicinais.
    Os primeiros hospitais atopábanse nos monasterios, pero máis adiante edificáronse hospitais independentes coa idea de coidar ao próximo. A asistencia ao enfermo era máis unha obra de caridade ou misericordia que de xustiza, polo que normalmente era exercida por sacerdotes ou clérigos.

Indica o nome de tres médicos de orixe árabe.
Algúns médicos árabes ilustres foron: Rhamzés, Abulcasis, Avicena, Ibn Wafid, Avenzoar e Averroes.

Comentarios