50. Os trastornos mentais
Escolle tres enfermidades mentais de distinta índole. De cada unha describe o trastorno, o seu tipo ou categoría e a súa incidencia na poboación española.
Algúns tipos de transtornos mentais son:
Algúns tipos de transtornos mentais son:
- Trastornos do neurodesenvolvemento: son problemas que adoitan ter o seu inicio na infancia ou nenez. Un exemplo é o trastorno do espectro autista, unha afección grave relacionada co desenvolvemento do cerebro que afecta á capacidade de comunicarse e interactuar cos demais e que vai acompañada de patróns de comportamento e intereses restrinxidos e repetitivos. En España, calcúlase que unhas 350.000 persoas teñen diagnóstico de autismo.
- Trastornos psicóticos: caracterízanse principalmente pola perda de conexión coa realidade e a aparición de delirios, alucinacións ou pensamento e fala desorganizados. Un exemplo é a esquizofrenia, unha enfermidade mental grave que afecta algunhas funcións cerebrais tales como o pensamento, a percepción, as emocións e a conduta. Entre os síntomas frecuentes están as crenzas delirantes, o pensamento confuso, as alucinacións auditivas, a redución das actividades sociais e o illamento. En España, calcúlase que hai unhas 600.000 persoas con criterios diagnósticos de esquizofrenia ou trastornos asociados.
- Trastornos da conduta alimentaria e da inxesta de alimentos: nesta categoría quedan recollidos os problemas relacionados coa alimentación que afectan á nutrición e á saúde. Un exemplo é a anorexia nerviosa, un trastorno alimentario caracterizado por unha perda de peso severa, un peso perigosamente baixo e unha imaxe corporal distorsionada. As persoas con anorexia mantéñense por baixo do seu peso debido a que comen escasamente ou se purgan (mediante indución do vómito, o uso de laxantes, ...) e exercítanse intensamente, polo xeral, sen recoñecer que as súas accións non son saudables ou que a súa percepción do seu corpo non é normal. É difícil estimar a prevalencia desta enfermidade, existindo estudos que suxiren que afecta a 1 de cada 100 adolescentes.
Comentarios
Publicar un comentario