Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2021

25. A hidrosfera

Na hidrosfera, a auga pode atoparse en varios estados. Cales son e onde os atopamos?      Os estados da auga na natureza son: sólido (en forma de xeo ou en glaciares), líquido (nos océanos e nas augas continentais) e gaseoso (por exemplo, no vapor de auga que hai nas nubes). A auga "móvese" entre as distintas capas da Terra mediante o ciclo do auga. Que dúas forzas ou enerxías permiten este movemento? Explica brevemente en que consiste este ciclo.      A auga do planeta circula e cambia de estado de forma constante grazas á forza da gravidade e á enerxía solar.      O sol quenta a superficie das augas dos ríos, lagos, lagoas, mares e océanos, polo que a auga se transforma en vapor e sobe á atmosfera. Na atmosfera, o vapor concéntrase en pingas que formarán nubes. Unha vez alí, a auga pasará ao seu estado líquido novamente, descendendo á superficie en forma de pequenas pingas. A cuarta etapa do ciclo da auga é a infiltración. Coñécese como infiltración o proceso no cal a auga

24. A atmosfera

Imaxe
Define atmósfera A atmosfera é a capa gasosa que envolve a Terra. Que é o aire? Cal é a súa composición? O aire é a mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco está composto por nitróxeno (78'084%), osíxeno (20'946%), argon (0'934%), dióxido de carbono (0'033%) e por outros gases (0'002%). A atmosfera actual non se parece en nada á primitiva atmósfera da Terra. Por que?      A diferencia máis importante entre a atmosfera primitiva e a actual é que aquela non contiña osíxeno e posuía unha maior abundancia de CO2. Ademais, tampouco existía a capa de ozono. Sen embargo, a atmosfera actual protexe da radiación solar ultravioleta, controla a temperatura e evita a entrada de meteoritos.      A atmosfera inicial estaba composta por hidróxeno e helio. Logo, o planeta foi bombardeado por unha gran cantidade de meteoritos, que desembocarían nunha actividade tectónica e volcánica sen precedentes. Os gases liberados

21-23. As placas litosféricas

Identifica as placas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 1 - Placa Euroasiática 2 - Placa Africana 3 - Placa Suramericana 4 - Placa Norteamericana 5 - Placa Pacífica 6 - Placa de Nazca Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 1 e 2 e entre 3 e 6. Como se chaman estas zonas? Que está sucedendo en cada caso?      Entre 1 e 2 hai un borde converxente, polo que hai un proceso de subdución no que a litosfera africana se afunde por debaixo da litosfera da placa Euroasiática. Entre 3 e 6 hai o mesmo tipo de límite, sendo a placa de Nazca a que se afunde por debaixo da Suramericana. Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 2 e 3 e entre 5 e 6. Como se chaman estas zonas? Que está sucedendo en cada caso?      Entre 2 e 3 hai un borde diverxente, polo que se está producindo unha separación entre a placa Africana e a placa Suramericana. Entre 5 e 6 hai o mesmo tipo de límite, polo que tamén se están separando a placa Pacífica e a placa de Nazca. O océano Atlántico está a medrar 20 cm cada ano. Explica clar

20. As placas litosféricas

Que é a litosfera? A litosfera é a capa de rochas ríxida, formada pola codia e o manto superior. Ten un espesor aproximado de 100 quilómetros. A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura? A litosfera atópase flotando sobre unha capa pastosa denominada astenosfera. A atenosfera é maleable e pode ser empuxada e deformada en resposta á calor da Terra. É por iso que, cando unha corrente de magma procedente do manto chega á litosfera, esta sofre unha fragmentación que, co paso de millóns de anos, dá lugar a dúas placas diferentes. Que é unha placa litosférica? Indica o nome das principais placas As placas tectónicas ou litosféricas son os diferentes fragmentos nos que se atopa dividida a litosfera. Actualmente, diferéncianse sete grandes placas tectónicas (Placa Euroasiática, Placa Africana, Placa Indoaustraliana, Placa Norteamericana, Placa Suramericana, Placa Pacífica e Placa Antártica) e unhas sete pequenas placas tectónicas

19. As fontes de enerxía da Terra

A Terra está continuamente cambiando e evolucionando. Os seus climas, os seus continentes e océanos, a súa xeografía, ... foron variando no pasado e seguirán variando no futuro. A nivel global estas transformacións naturais son orixinadas por dúas inmensas fontes de enerxía con características, ás veces, contrarias. De que duas fontes de enerxía se trata? Explica de onde proceden. Trátase da enerxía xeotérmica e da enerxía solar. A xeotérmica é a que se pode obter mediante o aproveitamento da calor do interior da Terra, mentres que a solar é a que se obtén mediante o aproveitamento dos raios do Sol. Como inflúen esas fontes de enerxía no relevo? A enerxía térmica do interior da Terra é a responsable dos procesos xeolóxicos internos, que dan lugar á formación do relevo (montañas, dorsais oceánicas, volcáns, ...). Os procesos xeolóxicos externos (erosión, transporte e sedimentación), pola contra, encárganse de destruir o relevo, tendendo a nivelar a superficie terrestre. Estes procesos e

18. As capas da Terra

Cales son as capas da Terra? A Terra está composta por catro capas diferentes: Atmosfera : está composta principalmente de nitróxeno (78'08%) e osíxeno (20'95%). Xunto a estes, existen outros gases en menor cantidade como o argón (0'93%) ou o dióxido de carbono (0'035%). Biosfera : o 95% da biosfera está formada por carbono, nitróxeno, osíxeno, fósforo e azufre. Hidrosfera : a auga do mar está composta, principalmente, por hidróxeno, osíxeno, sodio, cloro, magnesio, azufre, potasio, calcio e bromo Xeosfera : está formada por osíxeno, silicio, magnesio, ferro e níquel en estado viscoso. Xustifica o enunciado "os elementos químicos que hoxe constitúen a Terra foron situándose de acordo coa súa densidade" Ao principio, a Terra era unha masa de materia ardente. Durante máis de 1 000 millóns de anos houbo nela unha gran actividade volcánica, a causa da calor almaceada no seu interior. Conforme a calor se foi disipando, a gravidade terrestre fixo que os materiais qu

17. A formación da Terra

Cal foi o proceso polo que se iniciou a formación da Terra?      Créese que fai 4 600 millóns de anos explotou unha estrela próxima á Vía Láctea, cuxa onda de choque puxo en movemento os materiais da nosa nebulosa protosolar, que comezou a xirar máis deprisa formando un disco. As forzas gravitatorias reuniron a maior parte da masa nunha esfera central e ao seu arredor quedaron xirando outras moito máis pequenas.      Co crecemento do Sol o material restante comezou a agruparse, dando lugar a asteroides, cometas, planetas e lúas. Nun principio o núcleo da Terra formouse con elementos pesados que chocaron e se uniron entre si. Os materiais máis densos foron absorbidos cara o centro, mentres que os materiais máis lixeiros formaron a codia. Como se formou a Lúa?      Uns 20 ou 30 millóns de anos despois da formación dun planetoide preto da órbita da Terra, este volveuse demasiado masivo como para permanecer de forma estable na súa órbita. Anos máis tarde, a Terra sufriu un impacto moi fort

16. Wegener

Imaxe
Que descubriu Wegener? Wegener propuxo a teoría da deriva continental , baseándose na forma que tiñan os continentes a ambos lados do Atlántico e no seu encaixe perfecto. Esta observación levouno a pensar que fai miles de millóns de anos solo existía un continente, ao que denominou "Panxea". Que probas aportou para xustificar a súa teoría? Para xustificar a súa teoría aportou diversas probas: Xeográficas : Wegener sospeitou que os continentes poderían ter estado unidos en épocas pasadas ao observar unha gran coincidencia entre as formas da costa dos continentes. Paleontolóxicas : existen varios exemplos de fósiles de organismos idénticos que se atoparon en lugares que hoxe se atopan a miles de quilómetros. Esta proba indica que os continentes estiveron reunidos nalgunha época pasada. Xeolóxicas : reuniu os continentes en Panxea e descubriu que existían cordilleiras da mesma idade e clase de rochas en distintos continentes e, polo tanto, segundo Wegener, estiveran unidos. Pal