25. A hidrosfera

Na hidrosfera, a auga pode atoparse en varios estados. Cales son e onde os atopamos?
    Os estados da auga na natureza son: sólido (en forma de xeo ou en glaciares), líquido (nos océanos e nas augas continentais) e gaseoso (por exemplo, no vapor de auga que hai nas nubes).

A auga "móvese" entre as distintas capas da Terra mediante o ciclo do auga. Que dúas forzas ou enerxías permiten este movemento? Explica brevemente en que consiste este ciclo.
    A auga do planeta circula e cambia de estado de forma constante grazas á forza da gravidade e á enerxía solar.
    O sol quenta a superficie das augas dos ríos, lagos, lagoas, mares e océanos, polo que a auga se transforma en vapor e sobe á atmosfera. Na atmosfera, o vapor concéntrase en pingas que formarán nubes. Unha vez alí, a auga pasará ao seu estado líquido novamente, descendendo á superficie en forma de pequenas pingas. A cuarta etapa do ciclo da auga é a infiltración. Coñécese como infiltración o proceso no cal a auga que caeu na superficie terrestre penetra no chan. Unha parte é aproveitada pola natureza e os seres vivos, mentres que a outra se incorpora ás augas subterráneas. A  escorrentía é a etapa final, que comprende o desprazamento da auga a través da superficie, grazas aos declives e accidentes do terreo, para entrar de novo nos ríos, lagos, lagoas, mares e océanos, o que constitúe a volta ao comezo do ciclo.

Define:
  • Escorrentía: auga de chuvia que circula libremente sobre a superficie dun terreo.
  • Evapotranspiración: cantidade de auga do solo que volve á atmosfera como consecuencia da evaporización e da transpiración das plantas.
  • Precipitación: fenómeno meteorolóxico que consiste na caída sobre a superficie terrestre da humidade procedente da atmosfera en estado líquido ou sólido.
  • Infiltración: proceso polo cal a auga na superficie da terra entra no solo.
Por que hai augas doces e augas salgadas?
    Pese a que a auga está composta por hidróxeno e osíxeno, na natureza podemos atopala con algunha substancia disolta. É o caso da auga salgada, que posúe entre 35 e 40 gramos de sales por litro. Tamén está a auga doce, que non quere dicir que non conteña sales, senón que a concentración de sales minerales como o calcio ou o magnesio se dá en menor medida (entre 0'5 e 3 gramos por litro).

Comentarios