24. A atmosfera
Define atmósfera
A atmosfera é a capa gasosa que envolve a Terra.
Que é o aire? Cal é a súa composición?
A atmosfera actual non se parece en nada á primitiva atmósfera da Terra. Por que?
A diferencia máis importante entre a atmosfera primitiva e a actual é que aquela non contiña osíxeno e posuía unha maior abundancia de CO2. Ademais, tampouco existía a capa de ozono. Sen embargo, a atmosfera actual protexe da radiación solar ultravioleta, controla a temperatura e evita a entrada de meteoritos.
Na atmofera pódense distinguir subcapas a distintas alturas. Cales son? En función de que característica se establecen estas capas?
A atmosfera consta de 5 capas principais en función da súa temperatura, composición química, densidade, ...
A atmosfera é a capa gasosa que envolve a Terra.
Que é o aire? Cal é a súa composición?
O aire é a mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco está composto por nitróxeno (78'084%), osíxeno (20'946%), argon (0'934%), dióxido de carbono (0'033%) e por outros gases (0'002%).
A atmosfera actual non se parece en nada á primitiva atmósfera da Terra. Por que?
A diferencia máis importante entre a atmosfera primitiva e a actual é que aquela non contiña osíxeno e posuía unha maior abundancia de CO2. Ademais, tampouco existía a capa de ozono. Sen embargo, a atmosfera actual protexe da radiación solar ultravioleta, controla a temperatura e evita a entrada de meteoritos.
A atmosfera inicial estaba composta por hidróxeno e helio. Logo, o planeta foi bombardeado por unha gran cantidade de meteoritos, que desembocarían nunha actividade tectónica e volcánica sen precedentes. Os gases liberados formarían a chamada atmosfera secundaria, formada por dióxido de carbono, vapor de auga, nitróxeno e gases sulfurosos. Conforme a atmosfera comezou a condensarse, sobreveu a chuvia. Pénsase que debido a esas chuvias constantes se formaron os océanos, inicialmente ricos en ácido carbónico. Co tempo, ese ácido acabou precipitando, dando lugar a rochas carbonatadas, de forma que o dióxido de carbono foi desaparecendo progresivamente da atmosfera para sedimentar nas profundidades marinas.
Fai uns 3500 millóns de anos as bacterias fotosintéticas comezaron a liberar osíxeno e, co paso do tempo, a atmosfera acabaría sendo tal e como a coñecemos agora.
Na atmofera pódense distinguir subcapas a distintas alturas. Cales son? En función de que característica se establecen estas capas?
A atmosfera consta de 5 capas principais en función da súa temperatura, composición química, densidade, ...
- Troposfera: é a capa máis próxima á Terra. Nela prodúcense os fenómenos meteorolóxicos e se desenvolve a vida humana.
- Estratosfera: nela está a capa de ozono, un gas que protexe á Terra das radiacións nocivas do Sol.
- Mesosfera: é a capa máis fría. Nela obsérvanse estrelas fugaces.
- Termosfera: nela fórmanse as auroras boreais e as estrelas fugaces.
- Exosfera: é a última capa da atmosfera antes do espazo exterior. Nela orbitan os satélites artificiais.
Comentarios
Publicar un comentario