17. A formación da Terra
Cal foi o proceso polo que se iniciou a formación da Terra?
Créese que fai 4 600 millóns de anos explotou unha estrela próxima á Vía Láctea, cuxa onda de choque puxo en movemento os materiais da nosa nebulosa protosolar, que comezou a xirar máis deprisa formando un disco. As forzas gravitatorias reuniron a maior parte da masa nunha esfera central e ao seu arredor quedaron xirando outras moito máis pequenas.
Co crecemento do Sol o material restante comezou a agruparse, dando lugar a asteroides, cometas, planetas e lúas. Nun principio o núcleo da Terra formouse con elementos pesados que chocaron e se uniron entre si. Os materiais máis densos foron absorbidos cara o centro, mentres que os materiais máis lixeiros formaron a codia.
Como se formou a Lúa?
Uns 20 ou 30 millóns de anos despois da formación dun planetoide preto da órbita da Terra, este volveuse demasiado masivo como para permanecer de forma estable na súa órbita. Anos máis tarde, a Terra sufriu un impacto moi forte, o que fixo que esta expulsara partes do seu manto ao espacio, que coa gravidade se xuntaron e formaron a lúa.
De onde procede a auga que hai na Terra?
Probablemente, procede das abundantes colisións de cometas e asteroides contra a Terra, que depositaron gran parte da auga desta na súa superficie.
Comentarios
Publicar un comentario