20. As placas litosféricas

Que é a litosfera?
A litosfera é a capa de rochas ríxida, formada pola codia e o manto superior. Ten un espesor aproximado de 100 quilómetros.

A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura?
A litosfera atópase flotando sobre unha capa pastosa denominada astenosfera. A atenosfera é maleable e pode ser empuxada e deformada en resposta á calor da Terra. É por iso que, cando unha corrente de magma procedente do manto chega á litosfera, esta sofre unha fragmentación que, co paso de millóns de anos, dá lugar a dúas placas diferentes.

Que é unha placa litosférica? Indica o nome das principais placas
As placas tectónicas ou litosféricas son os diferentes fragmentos nos que se atopa dividida a litosfera. Actualmente, diferéncianse sete grandes placas tectónicas (Placa Euroasiática, Placa Africana, Placa Indoaustraliana, Placa Norteamericana, Placa Suramericana, Placa Pacífica e Placa Antártica) e unhas sete pequenas placas tectónicas (Placa do Caribe, Placa de Nazca, Placa de Cocos, Placa de Juan de Fuca, Placa Filipina, Placa de Scotia e Placa Arábiga).

A relación que hai entre os bordes de dúas placas que se moven pode ser de tres tipos. Como se chaman e cal é o movemento das placas en cada caso?
  • Borde diverxente: son zonas onde dúas placas se separan.
  • Borde converxente: son zonas onde dúas placas chocan entre si pero, ao ser unha máis densa que outra, a máis densa introdúcese debaixo da máis lixeira.
  • Borde pasivo: dáse cando o movemento relativo entre as placas non é de separación nin de choque, senón de roce lateral

Comentarios

Publicar un comentario