16. Wegener
Que descubriu Wegener?
Wegener propuxo a teoría da deriva continental, baseándose na forma que tiñan os continentes a ambos lados do Atlántico e no seu encaixe perfecto. Esta observación levouno a pensar que fai miles de millóns de anos solo existía un continente, ao que denominou "Panxea".
Que probas aportou para xustificar a súa teoría?
Para xustificar a súa teoría aportou diversas probas:
- Xeográficas: Wegener sospeitou que os continentes poderían ter estado unidos en épocas pasadas ao observar unha gran coincidencia entre as formas da costa dos continentes.
- Paleontolóxicas: existen varios exemplos de fósiles de organismos idénticos que se atoparon en lugares que hoxe se atopan a miles de quilómetros. Esta proba indica que os continentes estiveron reunidos nalgunha época pasada.
- Xeolóxicas: reuniu os continentes en Panxea e descubriu que existían cordilleiras da mesma idade e clase de rochas en distintos continentes e, polo tanto, segundo Wegener, estiveran unidos.
- Paleoclimáticas: debuxou mapas con climas antigos e a súa conclusión foi que estes resultarían inexplicables coa disposición actual dos continentes.
Como morreu Wegener?
Wegener morreu en novembro de 1930 xunto co seu compañeiro Rasmus Villumen, cando ambos regresaban ao campamento base desde o campamento Eismitte, situado no centro do casquete de xeo groenlandés a 3 000 metros de altura. Anteriormente, acudiran alí con moitas dificultades, abandonados polos seus compañeiros, para levar provisións.
Comentarios
Publicar un comentario