21-23. As placas litosféricas

Identifica as placas 1, 2, 3, 4, 5 e 6
1 - Placa Euroasiática
2 - Placa Africana
3 - Placa Suramericana
4 - Placa Norteamericana
5 - Placa Pacífica
6 - Placa de Nazca

Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 1 e 2 e entre 3 e 6. Como se chaman estas zonas? Que está sucedendo en cada caso?
    Entre 1 e 2 hai un borde converxente, polo que hai un proceso de subdución no que a litosfera africana se afunde por debaixo da litosfera da placa Euroasiática. Entre 3 e 6 hai o mesmo tipo de límite, sendo a placa de Nazca a que se afunde por debaixo da Suramericana.

Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 2 e 3 e entre 5 e 6. Como se chaman estas zonas? Que está sucedendo en cada caso?
    Entre 2 e 3 hai un borde diverxente, polo que se está producindo unha separación entre a placa Africana e a placa Suramericana. Entre 5 e 6 hai o mesmo tipo de límite, polo que tamén se están separando a placa Pacífica e a placa de Nazca.

O océano Atlántico está a medrar 20 cm cada ano. Explica claramente por que ocorre este fenómeno.
    Unha investigación realizada por un equipo de sismólogos da Universidade de Southampton (Reino Unido) revelou que se debe ao afloramento de magma desde as profundidades do manto.
    Ademais, a dorsal mesoatlántica (que atravesa o fondo oceánico de norte a sur e serve de línea divisoria entre placas litosféricas que se moven en direccións opostas) tamén é a responsable deste ensanche.

Explica a orixe das seguintes illas e cordilleiras:

  • Hawai: as illas hawaianas formáronse a partir da actividade volcánica. As seis illas máis grandes formáronse unha tras outra como unha placa tectónica, a placa do Pacífico, que se deslizou sobre unha columna de rocha fundida de magma que perforaba a codia terrestre. Este afloramento de rocha fundida crea volcáns que lanzan lava (magma que chega á superficie da Terra). A lava arrefríase e endurece para crear novas terras. As illas hawaianas foron literalmente creadas a partir de moitos volcáns.
  • Mar vermello: orixinouse cando África se separou da Península Arábiga, quedando entre elas unha greta que posteriormente se encheu de auga.
  • Himalaia: as súas montañas formáronse polo choque entre continentes. Cando África se separou do continente indio, este último comezou a desplazarse cara o norte, chegando a colidir con Asia. Ambos continentes chocaron, polo que plegaron a terra e fixeron que se elevase. Actualmente, a placa india continúa avanzando entre 2 e 4 centímetros por ano, o que fai que o Himalaia sigua medrando.
  • Xapón: o arquipélago xaponés formouse grazas á colisión de dúas placas oceánicas, que deu lugar á formación dun arco de illas. Este proceso tivo lugar como resultado da subdución tectónica da placa Filipina e a placa Pacífica debaixo das continentais placa Euroasiática e placa Norteamericana.

Comentarios