18. As capas da Terra
Cales son as capas da Terra?
A Terra está composta por catro capas diferentes:
A Terra está composta por catro capas diferentes:
- Atmosfera: está composta principalmente de nitróxeno (78'08%) e osíxeno (20'95%). Xunto a estes, existen outros gases en menor cantidade como o argón (0'93%) ou o dióxido de carbono (0'035%).
- Biosfera: o 95% da biosfera está formada por carbono, nitróxeno, osíxeno, fósforo e azufre.
- Hidrosfera: a auga do mar está composta, principalmente, por hidróxeno, osíxeno, sodio, cloro, magnesio, azufre, potasio, calcio e bromo
- Xeosfera: está formada por osíxeno, silicio, magnesio, ferro e níquel en estado viscoso.
Xustifica o enunciado "os elementos químicos que hoxe constitúen a Terra foron situándose de acordo coa súa densidade"
Ao principio, a Terra era unha masa de materia ardente. Durante máis de 1 000 millóns de anos houbo nela unha gran actividade volcánica, a causa da calor almaceada no seu interior. Conforme a calor se foi disipando, a gravidade terrestre fixo que os materiais que a formaban se distribuíran segundo a súa densidade. Así, os máis densos situáronse na zona máis interna e os máis lixeiros no exterior. Ao arrefriarse, a Terra mantivo esa estrutura en capas: a gaseosa, a líquida e a sólida.

Comentarios
Publicar un comentario