Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2022

33. As formas acelulares

Que son?      Todos os organismos que constitúen os cinco reinos biolóxicos son estruturas celulares (son células ou están constituídos por conxuntos de células). Sen embargo, na natureza tamén existen estruturas acelulares, que posúen capacidade reprodutora, mais só se poden reproducir empregando parasitariamente as estruturas biolóxicas dunha célula hóspede. Que tipos hai?      Actualmente, describíronse máis de 9910 especies de acelulares, pero pénsase que pode haber millóns de especies que todavía non foron atopadas.      Algúns tipos de formas acelulares son: virións (infectan a calquera tipo de organismo), viroides (infectan a plantas e fungos, pero tamén poden replicarse en bacterias e algas), virófagos (infectan a outros viruses), virusoides (necesitan un virus auxiliar para a súa replicación), etc. Son seres vivos ou non? Os seres vivos están formados por células (unha ou varias) e elas son a base da súa fisioloxía e anatomía como individuos. Os virus e os viroides, entre

32. A árbore da vida

Imaxe

31. Orixe da vida

Cando apareceron os primeiros seres vivos... como eran? Pénsase que os primeiros organismos eran procariotas e heterótrofos, é dicir, que obtiñan materia e enerxía de substancias orgánicas presentes nos mares primitivos. Estes organismos vivían en ausencia de osíxeno, gas inexistente na atmosfera. Por que se pensa que a vida xurdiu na auga? O compoñente máis abundante das células, onde se dan todas as reaccións químicas do metabolismo celular dos organismos vivos, é a auga. Sen embargo, antes de que xurdira a primeira célula non había unha "barreira" que a separara do medio acuoso, polo que se pensa que toda a química previa aos primeiros sistemas vivos debía desenvolverse directamente sobre mollado. Ademais, exames de xenomas de microbios sinxelos permiten concluír que os seus antepasados vivían en chemineas hidrotermais no solo marino. Hai outras explicacións alternativas a como e onde apareceron os primeiros seres? Si, existen outras explicacións como pode ser, por exemplo

30. Conceptos básicos de bioloxía

Especie : grupo de seres vivos moi similares desde o punto de vista xenético, capaces de se cruzaren e teren descendencia viable en condicións naturais. Evolución : proceso xeral de cambio nos seres vivos que ten como resultado a aparición de novas especies. Adaptación : p roceso mediante o cal un ser vivo se acomoda ao medio en que vive. Ecoloxía : c iencia que estuda as relacións que manteñen os seres vivos entre si e co medio en que viven. Biótopo : e spazo que presenta uniformidade en canto ás condicións necesarias para a existencia dunha comunidade animal e vexetal determinada. Biocenose : a sociación de organismos de diversas especies que viven nun hábitat determinado formando unha comunidade integrada. Célula : unidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva que pode constituír un organismo por si soa, organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares. Procariota : organismo unic

29. Características dos seres vivos

Cales son as características e propiedades que "identifican" a algo como un ser vivo? Os biólogos identificaron varias características comúns a todos os organismos que coñecemos. Aínda que as cousas inanimadas poden ter algunhas destas características, só os seres vivos as posúen todas: Organización : os seres vivos están altamente organizados, é dicir, conteñen partes especializadas e coordinadas. Todos os seres vivos están formados por unha ou máis células, que se consideran as unidades fundamentais da vida. Metabolismo : a vida depende dunha enorme cantidade de reaccións químicas interconectadas. Os seres vivos deben usar enerxía e consumir nutrintes para levar a cabo as reaccións químicas que sustentan a vida. Homeostase : os organismos regulan o seu ambiente interno para manter o rango relativamente estreito de ondicións necesarias para o funcionamento celular. Crecemento : os seres vivos experimentan crecemento regulado. As células individuais aumentan de tamaño e os or

28. Que é a vida?

Cremos saber que características e propiedades son as que "identifican" a algo como un ser vivo. Por outra banda, hai certas evidencias de como puideron ser os primeiros habitantes da Terra. Sen embargo, a cuestión de que é a vida ou como apareceu o primeiro ser vivo segue sen resolverse. A ver se ti o sabes... que é a vida? O concepto de vida pode ser definido desde diversos enfoques: A noción máis habitual está vinculada á bioloxía, que sostén que a vida é a capacidade de nacer, crecer, reproducirse e morrer. Para a relixión, a vida é a unión do corpo e a alma. Dende un punto de vista bioquímico, a vida pode definirse como un estado ou carácter especial da materia, alcanzado por estruturas moleculares específicas, con capacidade para desenvolverse, manterse nun ambiente, recoñecer e responder a estímulos e reproducirse permitindo a continuidade. No sentido estritamente fisiolóxico, a vida é a característica que distingue aos seres animados dos inanimados.

27. A Terra é a vida

Explica cales son as condicións únicas que permitiron que a vida xurdira, evolucionara e se diversificara no planeta Terra (entre 15 e 20 liñas). A existencia da vida na Terra apóiase en seis grandes piares: A distancia ao sol, que fai posible a presenza de auga en estado líquido. Ademais, permite a presenza de luz solar, coa que as plantas realizan a fotosíntese, proceso polo que converten o dióxido de carbono en osíxeno. A auga, substancia imprescindible para que exista calquera tipo de vida. Con ela realízanse todas as reaccións químicas do metabolismo dos seres vivos. De feito, o corpo humano está composto aproximadamente por un 70% de auga, cantidade semellante á que hai na superficie terrestre. A combinación de elementos químicos presentes na superficie terrestre (como poden ser o nitróxeno, o osíxeno, o carbono e o hidróxeno), que permiten a existencia das biomoléculas que compoñen os organismos vivos. A atmosfera, que atrapa as radiacións de alta enerxía pola súa composición ri

26. A xeosfera

Cal é a nosa maior fonte de información para estudar o interior da xeosfera?      Como non se pode acceder ao interior da Terra é necesario deducir, a partir dos datos obtidos por métodos indirectos, como é o seu interior para poder coñecer así a súa estrutura e as propiedades dos materiais que o compoñen.      Un dos principais métodos de estudo indirecto é o método sísmico, que está baseado no estudo das ondas sísmicas producidas por terremotos ou por explosións controladas. Analizando a velocidade e a traxectoria desas ondas pódese coñecer a composición química, o estado físico e a estrutura dos materiais que compoñen as partes internas da Terra. Que son as descontinuidades?      Cando as ondas cambian de medio modifican a súa traxectoria e velocidade, polo que se pode deducir como é o interior da Terra ao analizar a diferencia de chegada aos distintos sismógrafos das ondas P (que se transmiten a partir dos medios sólidos e líquidos) e das ondas S (que só se transmiten a tra