29. Características dos seres vivos

Cales son as características e propiedades que "identifican" a algo como un ser vivo?
Os biólogos identificaron varias características comúns a todos os organismos que coñecemos. Aínda que as cousas inanimadas poden ter algunhas destas características, só os seres vivos as posúen todas:

  • Organización: os seres vivos están altamente organizados, é dicir, conteñen partes especializadas e coordinadas. Todos os seres vivos están formados por unha ou máis células, que se consideran as unidades fundamentais da vida.
  • Metabolismo: a vida depende dunha enorme cantidade de reaccións químicas interconectadas. Os seres vivos deben usar enerxía e consumir nutrintes para levar a cabo as reaccións químicas que sustentan a vida.
  • Homeostase: os organismos regulan o seu ambiente interno para manter o rango relativamente estreito de ondicións necesarias para o funcionamento celular.
  • Crecemento: os seres vivos experimentan crecemento regulado. As células individuais aumentan de tamaño e os organismos pluricelulares acumulan moitas células por división celular.
  • Reprodución: os seres vivos poden reproducirse para crear novos organismos.
  • Resposta: os organismos responden aos estímulos ou cambios do seu medio ambiente.
  • Evolución: a composición xenética dunha poboación pode cambiar co tempo.

Sen embargo, a cuestión do que significa estar vivo segue sen resolverse. Por exemplo, os virus presentan moitas propiedades da vida, pero non teñen unha estrutura celular e non poden reproducirse sen un hospedeiro. Tampouco está claro se poden manter a homeostase e non presentan metabolismo propio.

Comentarios