33. As formas acelulares

Que son?
    Todos os organismos que constitúen os cinco reinos biolóxicos son estruturas celulares (son células ou están constituídos por conxuntos de células). Sen embargo, na natureza tamén existen estruturas acelulares, que posúen capacidade reprodutora, mais só se poden reproducir empregando parasitariamente as estruturas biolóxicas dunha célula hóspede.

Que tipos hai?
    Actualmente, describíronse máis de 9910 especies de acelulares, pero pénsase que pode haber millóns de especies que todavía non foron atopadas.
    Algúns tipos de formas acelulares son: virións (infectan a calquera tipo de organismo), viroides (infectan a plantas e fungos, pero tamén poden replicarse en bacterias e algas), virófagos (infectan a outros viruses), virusoides (necesitan un virus auxiliar para a súa replicación), etc.

Son seres vivos ou non?
Os seres vivos están formados por células (unha ou varias) e elas son a base da súa fisioloxía e anatomía como individuos. Os virus e os viroides, entre outros, non teñen células e, polo tanto, non poden ser considerados como seres vivos.

Comentarios