31. Orixe da vida
Cando apareceron os primeiros seres vivos... como eran?
Por que se pensa que a vida xurdiu na auga?
Hai outras explicacións alternativas a como e onde apareceron os primeiros seres?
Pénsase que os primeiros organismos eran procariotas e heterótrofos, é dicir, que obtiñan materia e enerxía de substancias orgánicas presentes nos mares primitivos. Estes organismos vivían en ausencia de osíxeno, gas inexistente na atmosfera.
Por que se pensa que a vida xurdiu na auga?
O compoñente máis abundante das células, onde se dan todas as reaccións químicas do metabolismo celular dos organismos vivos, é a auga. Sen embargo, antes de que xurdira a primeira célula non había unha "barreira" que a separara do medio acuoso, polo que se pensa que toda a química previa aos primeiros sistemas vivos debía desenvolverse directamente sobre mollado.
Ademais, exames de xenomas de microbios sinxelos permiten concluír que os seus antepasados vivían en chemineas hidrotermais no solo marino.
Hai outras explicacións alternativas a como e onde apareceron os primeiros seres?
Si, existen outras explicacións como pode ser, por exemplo, a hipótese da panespermia, que di que as células ou os seus precursores aparecerían noutro planeta ou satélite fai miles de millóns de anos e viaxarían á Terra transportados por un meteorito.
Comentarios
Publicar un comentario