28. Que é a vida?
Cremos saber que características e propiedades son as que "identifican" a algo como un ser vivo. Por outra banda, hai certas evidencias de como puideron ser os primeiros habitantes da Terra. Sen embargo, a cuestión de que é a vida ou como apareceu o primeiro ser vivo segue sen resolverse. A ver se ti o sabes... que é a vida?
O concepto de vida pode ser definido desde diversos enfoques:
- A noción máis habitual está vinculada á bioloxía, que sostén que a vida é a capacidade de nacer, crecer, reproducirse e morrer.
- Para a relixión, a vida é a unión do corpo e a alma.
- Dende un punto de vista bioquímico, a vida pode definirse como un estado ou carácter especial da materia, alcanzado por estruturas moleculares específicas, con capacidade para desenvolverse, manterse nun ambiente, recoñecer e responder a estímulos e reproducirse permitindo a continuidade.
- No sentido estritamente fisiolóxico, a vida é a característica que distingue aos seres animados dos inanimados.
Comentarios
Publicar un comentario