30. Conceptos básicos de bioloxía
Especie: grupo de seres vivos moi similares desde o punto de vista xenético, capaces de se cruzaren e teren descendencia viable en condicións naturais.
Evolución: proceso xeral de cambio nos seres vivos que ten como resultado a aparición de novas especies.
Adaptación: proceso mediante o cal un ser vivo se acomoda ao medio en que vive.
Ecoloxía: ciencia que estuda as relacións que manteñen os seres vivos entre si e co medio en que viven.
Biótopo: espazo que presenta uniformidade en canto ás condicións necesarias para a existencia dunha comunidade animal e vexetal determinada.
Biocenose: asociación de organismos de diversas especies que viven nun hábitat determinado formando unha comunidade integrada.
Célula: unidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva que pode constituír un organismo por si soa, organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares.
Procariota: organismo unicelular que non ten o ácido nucleico contido no núcleo, senón que se estende polo citoplasma.
Eucariota: organismo celular no que o material xenético que forma os cromosomas está dentro do núcleo.
Organismo: entidade biolóxica unicelular ou pluricelular, animal ou vexetal, normalmente capaz de facer un ciclo vital completo, é dicir, nacer, crecer e reproducirse.
Comentarios
Publicar un comentario