27. A Terra é a vida
Explica cales son as condicións únicas que permitiron que a vida xurdira, evolucionara e se diversificara no planeta Terra (entre 15 e 20 liñas).
A existencia da vida na Terra apóiase en seis grandes piares:
A existencia da vida na Terra apóiase en seis grandes piares:
- A distancia ao sol, que fai posible a presenza de auga en estado líquido. Ademais, permite a presenza de luz solar, coa que as plantas realizan a fotosíntese, proceso polo que converten o dióxido de carbono en osíxeno.
- A auga, substancia imprescindible para que exista calquera tipo de vida. Con ela realízanse todas as reaccións químicas do metabolismo dos seres vivos. De feito, o corpo humano está composto aproximadamente por un 70% de auga, cantidade semellante á que hai na superficie terrestre.
- A combinación de elementos químicos presentes na superficie terrestre (como poden ser o nitróxeno, o osíxeno, o carbono e o hidróxeno), que permiten a existencia das biomoléculas que compoñen os organismos vivos.
- A atmosfera, que atrapa as radiacións de alta enerxía pola súa composición rica nun isótopo do osíxeno (o ozono). Ademais, proporciona elementos necesarios para a vida, como pode ser o osíxeno. Así mesmo, posúe certos gases coñecidos como gases de efecto invernadoiro, que absorben a radiación solar e permiten aumentar a temperatura do aire a valores aptos para a vida humana.
- O núcleo magnético, que protexe a atmosfera do arrastre do vento solar e á vida da radiación cósmica.
- O tamaño da Terra, que é o suficientemente grande como para atraer a súa atmosfera. De feito, se o seu tamaño fose menor, a súa masa non provocaría a forza gravitatoria suficiente para retela. Se, pola contra, a súa masa fose maior, a atmosfera sería densa e espesa, impedindo a entrada da luz solar.
Comentarios
Publicar un comentario