Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2021

12. O universo

Planeta anano : corpo celeste semellante a un planeta, pero que non limpou a zona da súa órbita doutros obxectos ríxidos. Satélite : corpo celeste que xira arredor dun planeta. Asteroide : corpo celeste de características rochosas e dimensión inferior a 1000 km, que gravita arredor do Sol, na maioría dos casos entre as órbitas de Marte e Xúpiter. Cometa : corpo celeste que orbita arredor do Sol constituído por un núcleo de xeo e rochas e unha cola formada por gas e po. Meteorito : fragmento dun corpo celeste que cae sobre a superficie dun planeta ou satélite, en particular da Terra. Órbita : traxectoria descrita por todo corpo celeste que xira arredor doutro.

11. O universo

Universo : conxunto constituído por todos os corpos celestes e o espazo que os contén. Galaxia : cada unha das agrupacións de estrelas que, vistas co telescopio, presentan un aspecto brillante, nebuloso e xeralmente aplanado. Por mor das inmensas distancias que separan a Terra das galaxias, é case imposible distinguir alguna estrela individual. Nebulosa : condensación de materia interestelar en forma de nube de contornos imprecisos e que pertence á Galaxia. Estrela : astro de gran volume que brilla con luz propia, cunha intensidade que varía segundo a estrela. Sistema : conxunto de corpos celestes que pertencen a un único complexo orgánico constituído. Planetario : conxunto de dispositivos ópticos e mecánicos destinados a reproducir o aspecto do firmamento e os movementos dos astros. Planeta : corpo sólido que describe órbitas elípticas ao redor do Sol ou, en xeral, dunha estrela.

10. Facer un mapa mental

Imaxe

9. Lectura de xeoloxía

O texto fala sobre o recente descubrimento das partes da xeosfera e indica os acontecementos que levaron a que isto sucedera: En 1906, un xeólogo irlandés estaba examinando as lecturas dun sismógrafo cando se deu conta de que algunhas ondas de choque penetraran ata un punto moi profundo e logo rebotaran, como se se atoparan cunha especie de barreira. Deduciu disto que a Terra tiña un núcleo. En 1909, un sismólogo croata estaba estudando gráficos dun terremoto e localizou unha reflexión semellante, pero a un nivel máis superficial. Descubriu así a fronteira entre a corteza e o manto. En 1936, un científico danés estaba estudando sismografías de terremotos cando descubriu que había dous núcleos.

8. Elaborar un informe

Imaxe
O cambio climático fai referencia aos cambios a longo plazo das temperaturas e dos patróns climáticos. Estes cambios poden ser naturais, pero desde o século XIX a queima de combustibles fósiles foi a principal causante. Se o quecemento global segue avanzando ao seu ritmo actual, a temperatura media global podería aumentar ata 1'5 graos entre os anos 2030 e 2052, feito que repercutiría notablemente no desxeo do Ártico. Á súa vez, isto daría lugar ao aumento do nivel do mar que, segundo conta Europa Press, entre xaneiro de 1995 e maio de 2019 aumentou 81'9 mm. No mes de xullo de 2019, a temperatura media do planeta situouse 1'2 graos por enriba do nivel da era preindustrial. De feito, o 25 de xullo de 2019 rexistráronse récords nacionais de temperatura en Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, Holanda e o Reino Unido, alcanzando a insólita cifra de 40 graos. En conclusión, o cambio climático afecta a todo. Debe abordarse con urxencia xa que, de non facelo, as temperaturas medias segui

7. O programa do curso

Que disciplinas ou ramas da ciencia imos a coñecer? Xeoloxía : ciencia que estuda os materiais e a evolución do globo terrestre. Ebba Hult de Geer (desenvolveu a xeocronoloxía de Suecia) Bioloxía : ciencia que ten por obxecto o estudo dos seres vivos. Lynn Margulis (creou a teoría da endosimbiose) Medicina : ciencia que ten por obxecto curar e previr as enfermidades. Elizabeth Blackburn (descubriu a telomerasa) Computación : ciencia do tratamento automático da información por medio de máquinas electrónicas. Ada Lovelace (foi a primeira programadora de ordenadores) Xenética : rama da bioloxía que estuda a transmisión de caracteres hereditarios. Margarita Salas (descubriu o ADN polimerasa)

6. Ciencia VS Pseudociencia

Procura na rede algún exemplo de pseudociencia. As pseudociencias son prácticas ou teorías que se presentan como ciencia pero que non poden ser comprobadas polo método científico. Adoitan ser válidas para a sociedade, aínda que moitas veces carecen de fundamentos e lóxica. A frenoloxía, por exemplo, é unha pseudociencia. Nela destaca o médico Franz Gall, que suxeriu que as formas na cabeza dunha persoa correspondían ás características físicas da corteza cerebral. Gall pensaba que a forma da cabeza revelaba aspectos da personalidade e o carácter dun individuo, polo que desenvolveu un sistema que incluía 27 "facultades" que, segundo el, pertencían directamente a certas partes da cabeza. As ideas de Gall fixéronse moi populares durante os anos 1800 e 1900, a miúdo como forma de entretemento popular. Incluso había máquinas que se colocaban sobre a cabeza dunha persoa e proporcionaban unha medición das diferentes partes do cráneo e das características do individuo. O exemplo cumpr

5. O método científico

Que é a ciencia? A ciencia é o conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar. Son elaborados a partir da observación, a experimentación e a utilización de teorías. Compara hipótese e teoría: que teñen en común e que as diferenza? Unha hipótese é unha explicación suxerida para un fenómeno observable, mentres que unha teoría é unha explicación probada e xustificada mediante unha serie de feitos comprobados e verificados. O que teñen en común é que ambas son comprobables e refutables. Cal é a importancia da experimentación no método científico? A importancia da experimentación no método científico é que busca contradicir a hipótese mediante os experimentos necesarios co obxectivo de garantir que o planteamento da hipótese non é erróneo. Qué científico ou científicos empregaron por vez primeira o método científico? O primeiro en utilizar o método científico foi Galileo Galilei, aínda que anteriormente

4. A orixe da ciencia moderna

"... cando se comezan a superar as limitacións ao coñecemento que supuxo asumir que a verdade estaba unicamente nos textos clásicos (civilizacións grega e romana) e nas crenzas relixiosas (cristianismo, xudaísmo) exclusivamente"  Que quere dicir esta frase en relación ao orixe da ciencia moderna? Esta frase fai referencia ás dúas etapas polas que pasou a Revolución científica: Unha primeira de recuperación do legado filosófico e científico da antigüidade clásica, satinizado polos séculos de dominio relixioso sobre a mentalidade europea. Unha segunda de innovación e cambios radicais, cuxo mellor exemplo é a substitución do modelo xeocéntrico do universo proposto por Aristóteles e defendido pola Igrexa, polo Heliocéntrico de Nicolás Copérnico. En que rama do coñecemento se empregaron por primeira vez os criterios científicos? O método científico é un descendente dunha rama da filosofía chamada "epistemoloxía". Entre os primeiros científicos, quen destaca ao empregar a

3. Ciencia e cultura

Que foi o humanismo do Renacemento? O humanismo renacentista foi un movemento cultural, filosófico e intelectual que se enfocaba na capacidade dos seres humanos de coñecer o mundo e interactuar con el mediante a razón. Tivo a súa orixe no século XIV en Italia, e se estendeu por toda Europa durante o Renacemento. Que é o antropocentrismo? Doutrina filosófica que considera ao ser humano como centro do Universo. Baixo a súa concepción, o resto dos seres vivos quedan supeditados aos intereses, necesidades e benestar dos seres humanos.  Foi a doutrina dominante do Renacemento fronte ao teocentrismo da Idade Media.  Pensas que hai unha separación clara entre ciencia e cultura? A ciencia é unha disciplina que se encarga de estudar e investigar os fenómenos sociais, naturais e artificiais a través da observación, experimentación e medición para dar resposta ao descoñecido. Tendo en conta esta definición, e pensando que a cultura se refire ao conxunto de tradicións,  formas de vida e ideais dun

2. A cultura científica

A materia de cultura científica abarca diversas temáticas, como poden ser: a bioloxía, a xeoloxía, a física, a química, a tecnoloxía, ... Algunhas ligazóns para indagar sobre aspectos relacionados con ela son: https://muribarricmc.blogspot.com  > A pesar de que este blog non aporta moita información de forma escrita, ten múltiples vídeos que abarcan temáticas moi variadas. https://nvalle.home.blog/blog-feed  > O problema deste blog é que as entradas están todas escritas de forma continuada, pero poden diferenciarse claramente unha das outras. O que me gusta del é que a periodista profundiza en cada un dos temas que trata, os cales son, ademais, moi interesantes. https://cultura4eso.blogspot.com  > Este blog aporta información, principalmente, sobre a saúde. Como corresponde a un instituto, a maioría das entradas son respostas do alumnado a preguntas feitas polo profesor, de forma que sempre se repiten as mesmas preguntas, mais cada alumno responde a cada unha delas dunha forma

1. Presentación

Ola! Bos días! Chámome Andrea Gómez e este ano estou cursando primero de bacharelato no IES Escolas Proval (Nigrán). A miña asignatura favorita sempre foi matemáticas, mais iso cambiou cando cheguei a cuarto da ESO. Ese ano comezoume a interesar moito a asignatura de Bioloxía, máis concretamente a parte adicada á célula e ao ADN. Tamén me pareceu moi útil todo o que aprendemos sobre os virus, xa que eses coñecementos nos axudaron a entender mellor a pandemia pola que estamos a pasar. É por iso que escollín Cultura Científica este ano, porque aborda moitos temas que din o ano pasado nos que me gustaría profundizar algo máis.