4. A orixe da ciencia moderna
"... cando se comezan a superar as limitacións ao coñecemento que supuxo asumir que a verdade estaba unicamente nos textos clásicos (civilizacións grega e romana) e nas crenzas relixiosas (cristianismo, xudaísmo) exclusivamente"
Que quere dicir esta frase en relación ao orixe da ciencia moderna?
Esta frase fai referencia ás dúas etapas polas que pasou a Revolución científica:
- Unha primeira de recuperación do legado filosófico e científico da antigüidade clásica, satinizado polos séculos de dominio relixioso sobre a mentalidade europea.
- Unha segunda de innovación e cambios radicais, cuxo mellor exemplo é a substitución do modelo xeocéntrico do universo proposto por Aristóteles e defendido pola Igrexa, polo Heliocéntrico de Nicolás Copérnico.
En que rama do coñecemento se empregaron por primeira vez os criterios científicos?
O método científico é un descendente dunha rama da filosofía chamada "epistemoloxía".
Entre os primeiros científicos, quen destaca ao empregar a experimentación como método?
Pódese considerar a Galileo Galilei como o primeiro que aplicou o método científico experimental-matemático.
Fixo experimentos e observacións coidadosas en cinemática, dinámica (cabe sinalar os seus experimentos con planos inclinados) e en Astronomía.
Que son o método inductivo e o método deductivo? Indica un representante de cada método.
Tanto o método inductivo como o deductivo son estratexias de razoamento lóxico, mais a diferencia entre eles radica na dirección do razoamento para chegar ás conclusións:
- Método deductivo: usa principios xerais para chegar a unha conclusión específica. Algúns dos seus representantes son Albert Einstein, Aristóteles, Isaac Newton, ...
- Método inductivo: emprega hipóteses particulares para chegar a unha conclusión xeral. No "diálogo socrático" de Sócrates pódese detectar un antecedente do método inductivo.
Comentarios
Publicar un comentario