2. A cultura científica

A materia de cultura científica abarca diversas temáticas, como poden ser: a bioloxía, a xeoloxía, a física, a química, a tecnoloxía, ...


Algunhas ligazóns para indagar sobre aspectos relacionados con ela son:
  • https://muribarricmc.blogspot.com > A pesar de que este blog non aporta moita información de forma escrita, ten múltiples vídeos que abarcan temáticas moi variadas.
  • https://nvalle.home.blog/blog-feed > O problema deste blog é que as entradas están todas escritas de forma continuada, pero poden diferenciarse claramente unha das outras. O que me gusta del é que a periodista profundiza en cada un dos temas que trata, os cales son, ademais, moi interesantes.
  • https://cultura4eso.blogspot.com > Este blog aporta información, principalmente, sobre a saúde. Como corresponde a un instituto, a maioría das entradas son respostas do alumnado a preguntas feitas polo profesor, de forma que sempre se repiten as mesmas preguntas, mais cada alumno responde a cada unha delas dunha forma diferente. O interesante deste blog está nun enlace situado na última entrada. O que me chama a atención del é que aporta moita información relacionada co ámbito da saúde: define conceptos básicos, fala das enfermidades infecciosas, explica as partes dos virus e das bacterias, aporta enlaces a noticias, trata o tema das vacinas, etc.
  • https://vicencon5665.wordpress.com/cultura-cientifica > Este blog tamén corresponde a un instituto, concretamente ao curso de primeiro de bacharelato. Está xenial, xa que pon presentacións e vídeos por cada un dos temas que abarca a programación do curso, de forma que se pode ter unha idea máis clara de tódolos aspectos da materia. As presentacións de cada tema aportan moita información que, ademais, vai acompañada de imaxes. Quizá sexan demasiadas imaxes en cada PDF, o que fai que coste máis entendelo, pero á vez axudan a interpretar a información que se aporta de maneira escrita.
  • https://blogs.hoy.es/culturacientifica > Cando atopei este blog pareceume moi interesante, xa que non fala de cousas relacionadas coa ciencia que xa todo o mundo sabe, senón que máis ben aporta curiosidades sobre temas moi variados: fala dos cetáceos, das legumes, da melatonina, etc. O inconveniente é que forma parte dun periódico, polo que hai un número de entradas
    limitadas.  
Xeralmente, son todas moi interesantes e serven para darse conta da variedade de temáticas que abarca realmente esta materia.

Comentarios