11. O universo

Universo: conxunto constituído por todos os corpos celestes e o espazo que os contén.

Galaxia: cada unha das agrupacións de estrelas que, vistas co telescopio, presentan un aspecto brillante, nebuloso e xeralmente aplanado. Por mor das inmensas distancias que separan a Terra das galaxias, é case imposible distinguir alguna estrela individual.

Nebulosa: condensación de materia interestelar en forma de nube de contornos imprecisos e que pertence á Galaxia.

Estrela: astro de gran volume que brilla con luz propia, cunha intensidade que varía segundo a estrela.

Sistema: conxunto de corpos celestes que pertencen a un único complexo orgánico constituído.

Planetario: conxunto de dispositivos ópticos e mecánicos destinados a reproducir o aspecto do firmamento e os movementos dos astros.

Planeta: corpo sólido que describe órbitas elípticas ao redor do Sol ou, en xeral, dunha estrela.

Comentarios