6. Ciencia VS Pseudociencia
Procura na rede algún exemplo de pseudociencia.
As pseudociencias son prácticas ou teorías que se presentan como ciencia pero que non poden ser comprobadas polo método científico. Adoitan ser válidas para a sociedade, aínda que moitas veces carecen de fundamentos e lóxica.
A frenoloxía, por exemplo, é unha pseudociencia.
Nela destaca o médico Franz Gall, que suxeriu que as formas na cabeza dunha persoa correspondían ás características físicas da corteza cerebral.
Gall pensaba que a forma da cabeza revelaba aspectos da personalidade e o carácter dun individuo, polo que desenvolveu un sistema que incluía 27 "facultades" que, segundo el, pertencían directamente a certas partes da cabeza.
As ideas de Gall fixéronse moi populares durante os anos 1800 e 1900, a miúdo como forma de entretemento popular. Incluso había máquinas que se colocaban sobre a cabeza dunha persoa e proporcionaban unha medición das diferentes partes do cráneo e das características do individuo.
O exemplo cumpre cos apartados do método científico?
Non. Ao igual que outras pseudociencias, os métodos de investigación de Gall carecían de rigor científico.
Cabe dicir que, a pesar de empregar métodos erróneos, algunhas das súas afirmacións foron confirmadas co paso do tempo e o progreso científico.
Así, sábese que efectivamente existen estruturas cerebrais relevantes para funcións determinadas.
A pesar disto, os órganos identificados por Gall non se correspondían coas facultades ás que os asociou, agás a rexión á que atribuíu a facultade para a linguaxe e a memoria verbal.
Indica outros dous exemplos de pseudociencias.
Outros exemplos de pseudociencias son:
- Astroloxía (estudo da relación entre a posición dos planetas, estrelas, satélites e a personalidade das persoas)
- Parapsicoloxía (estudo de fenómenos extrasensoriais entre seres humanos vivos, como a telepatía, a videncia ou a telequinese)
- Homeopatía (método que sostén a curación de certas enfermidades mediante a aplicación oral de doses mínimas de preparados artesanais)
- Biomagnetismo (método para curar enfermidades mediante o uso de imáns)
Comentarios
Publicar un comentario