1. Presentación

Ola! Bos días! Chámome Andrea Gómez e este ano estou cursando primero de bacharelato no IES Escolas Proval (Nigrán).

A miña asignatura favorita sempre foi matemáticas, mais iso cambiou cando cheguei a cuarto da ESO. Ese ano comezoume a interesar moito a asignatura de Bioloxía, máis concretamente a parte adicada á célula e ao ADN. Tamén me pareceu moi útil todo o que aprendemos sobre os virus, xa que eses coñecementos nos axudaron a entender mellor a pandemia pola que estamos a pasar.

É por iso que escollín Cultura Científica este ano, porque aborda moitos temas que din o ano pasado nos que me gustaría profundizar algo máis.

Comentarios