3. Ciencia e cultura

Que foi o humanismo do Renacemento?

O humanismo renacentista foi un movemento cultural, filosófico e intelectual que se enfocaba na capacidade dos seres humanos de coñecer o mundo e interactuar con el mediante a razón.

Tivo a súa orixe no século XIV en Italia, e se estendeu por toda Europa durante o Renacemento.

Que é o antropocentrismo?
Doutrina filosófica que considera ao ser humano como centro do Universo.
Baixo a súa concepción, o resto dos seres vivos quedan supeditados aos intereses, necesidades e benestar dos seres humanos. 

Foi a doutrina dominante do Renacemento fronte ao teocentrismo da Idade Media. 

Pensas que hai unha separación clara entre ciencia e cultura?
A ciencia é unha disciplina que se encarga de estudar e investigar os fenómenos sociais, naturais e artificiais a través da observación, experimentación e medición para dar resposta ao descoñecido.

Tendo en conta esta definición, e pensando que a cultura se refire ao conxunto de tradicións, formas de vida e ideais dun pobo, eu penso que hai unha separación entre ciencia e cultura, xa que que a ciencia pretende dar resposta ao descoñecido, mentres que a cultura fai referencia ás tradicións.

Entón, eu creo que non é necesario estudar unha tradición, non hai nada descoñecido que descubrir aí. Sen embargo, se nos referimos ao método científico, iso si que pode ter máis relación coa cultura, xa que é unha metodoloxía que serve para obter novos coñecementos, podendo así observar unha cultura e descubrir os seus trazos característicos.

Comentarios