5. O método científico

Que é a ciencia?
A ciencia é o conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar.

Son elaborados a partir da observación, a experimentación e a utilización de teorías.

Compara hipótese e teoría: que teñen en común e que as diferenza?
Unha hipótese é unha explicación suxerida para un fenómeno observable, mentres que unha teoría é unha explicación probada e xustificada mediante unha serie de feitos comprobados e verificados.
O que teñen en común é que ambas son comprobables e refutables.

Cal é a importancia da experimentación no método científico?
A importancia da experimentación no método científico é que busca contradicir a hipótese mediante os experimentos necesarios co obxectivo de garantir que o planteamento da hipótese non é erróneo.

Qué científico ou científicos empregaron por vez primeira o método científico?
O primeiro en utilizar o método científico foi Galileo Galilei, aínda que anteriormente Leonardo da Vinci e outros analizaron a realidade con métodos que se aproximaban. 

Comentarios