8. Elaborar un informe
O cambio climático fai referencia aos cambios a longo plazo das temperaturas e dos patróns climáticos. Estes cambios poden ser naturais, pero desde o século XIX a queima de combustibles fósiles foi a principal causante.
Se o quecemento global segue avanzando ao seu ritmo actual, a temperatura media global podería aumentar ata 1'5 graos entre os anos 2030 e 2052, feito que repercutiría notablemente no desxeo do Ártico.
Á súa vez, isto daría lugar ao aumento do nivel do mar que, segundo conta Europa Press, entre xaneiro de 1995 e maio de 2019 aumentou 81'9 mm.
Á súa vez, isto daría lugar ao aumento do nivel do mar que, segundo conta Europa Press, entre xaneiro de 1995 e maio de 2019 aumentou 81'9 mm.
No mes de xullo de 2019, a temperatura media do planeta situouse 1'2 graos por enriba do nivel da era preindustrial. De feito, o 25 de xullo de 2019 rexistráronse récords nacionais de temperatura en Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, Holanda e o Reino Unido, alcanzando a insólita cifra de 40 graos.
En conclusión, o cambio climático afecta a todo. Debe abordarse con urxencia xa que, de non facelo, as temperaturas medias seguirán aumentando e cada vez será máis común observar eventos climáticos extremos.
IMAXES:
Na imaxe pódese observar, por países, o aumento de temperatura que houbo de 1900 a 2018. Aprécianse moitos sitios nos que non houbo incremento de temperatura ou nos que esta descendeu. Sen embargo, en países como, por exemplo, Paraguay, Uruguay, Estados Unidos, Canadá, Eslovenia, Croacia, etc. pódese ver como a temperatura ascende máis de cero graos. Ao miralo, diferénciase perfectamente que o continente no que máis se incrementou a temperatura é Europa.
A imaxe representa as variacións máximas, mínimas e medias das temperaturas dos países da Unión Europea nun período de tempo comprendido entre 1951 e 1980. Finlandia e Suecia descenderon unha tempertura media de 2ºC, mentres que Estonia decendeu 1ºC. Hai unha serie de países que practicamente non modificaron a súa temperatura (como poden ser Dinamarca, Irlanda, Portugal, Lituania ou Reino Unido), pero son máis os que a incrementaron en aproximadamente 1ºC. Este último é o caso de Austria, Croacia, Hungría, Luxemburgo, Eslovenia, etc.
A imaxe mostra o incremento da temperatura media mundial dende 1880 ata 2019. Mírase como a temperatura sufriu un descenso en 1910, mais dende ahí comezou a ascender ata chegar a 1'2ºC máis de media respecto dos niveis preindustriais.
Este gráfico mostra a evolución do xeo no Océano Glaciar Ártico nun período comprendido entre 1985 e 2015, mostrando unha fotografía por cada época. Ademáis, diferenza en cores o xeo máis antigo do máis recente. No gráfico que representa a década de 1985, practicamente todo o océano presenta xeo dunha idade superior a 4 anos. Na década seguinte, a cantidade de xeo diminúe e pasa a ser maioritario o que presenta unha idade inferior a 4 anos. Na década de 2005 a cantidade de xeo redúcese aínda máis, polo que a cantidade de xeo con idade superior a 4 anos e con idade inferior a 4 anos e practicamente a mesma. Finalmente, no ano 2005 pódese apreciar na imaxe que houbo unha enorme diminución da cantidade de xeo, prácticamente quedou a metade do que habia 30 anos antes, e pódese dicir que case todo o que quedou presenta unha idade de menos de 4 anos.
Na imaxe pódese observar como descendeu o xeo dunha zona con baixas temperaturas co paso do tempo. Pódese dicir que prácticamente desapareceu, quedando unha zona de terra.
Este gráfico indica a variación de altura do mar (en milímetros) desde 1993. Analizándoo, pódese concluír que aumentou 81'9 mm nun período de 24 anos (dende 1995 ata 2019).
Este é un mapa que mostra o risco de desertificación en España. Representa en vermello as zonas de risco moi alto e en azul as zonas húmidas. A zona norte de España non corre risco de desertificación, mais nas Illas Canarias o risco é moi alto, ao igual que na zona de Murcia. Ademais, gran parte de Andalucía presenta un risco alto, pero o resto de España mantense en alerta baixa.
Este tamén é un mapa de España, pero neste caso mostra os índices de aridez das distintas zonas. A zona norte do país é practicamente a única húmida, aínda que tamén hai outras zonas (aínda que de extensión reducida) que o son. As zonas que presentan un índice de aridez alto son as Illas Canarias e unha zona de Murcia. A maior parte de España restante é semiárida, agás algunhas zonas como, por exemplo, as Illas Baleares.
Comentarios
Publicar un comentario