Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2022

60. Novas tecnoloxías e materiais (2)

Fai unha breve descrición (mínimo 3 liñas) de cada tecnoloxía: Nanorobots : minúsculos robots de tamaño nanométrico e con formas variadas que son capaces de actuar de forma autónoma. Grazas ás súas diminutas medidas poden realizar diferentes funcións e moverse con facilidade, desde viaxar ao interior do organismo humano para loitar contra moitas enfermidades a ser empregados para limpar o medio ambiente ou na detección de pragas. Internet das cousas : proceso que permite conectar elementos físicos cotiáns ao Internet: desde obxectos domésticos comúns, como as lámpadas de luz, ata recursos para a atención da saúde, como os dispositivos médicos; tamén abarca pezas e accesorios persoais intelixentes e mesmo os sistemas das cidades intelixentes. É, por tanto, un sistema tecnolóxico que permite que os obxectos se conecten a Internet e entre si. Tecnoloxía LED : material semiconductor que é capaz de emitir unha radiación electromagnética en forma de luz. A tecnoloxía LED presenta moitas vant

59. Novas tecnoloxías e materiais

Fai unha breve descrición (mínimo 3 liñas) de cada tecnoloxía: Estaneno : construción bidimensional de átomos de estaño cuxa existencia se demostrou teoricamente e que sería un illante topolóxico e, polo tanto, mostraría supercondutividade ao conducir a electricidade polos seus bordos sen resistencia a temperatura ambiente. A adición de flúor aos átomos á capa monomolecular de estaño podería estender a temperatura crítica ata os 100 ºC, facéndoo práctico para o seu uso en circuítos integrados para facer computadores máis rápidos, máis pequenos e enerxeticamente eficientes. Biomaterial : material destinado a ser introducido nun tecido vivo, especialmente como parte dun elemento cirúrxico ou implante. A nivel fisiolóxico, estes materiais teñen propiedades únicas en comparación co resto, xa que poden poñerse en contacto cun tecido vivo de forma inmediata sen causar respostas inmunes negativas no paciente. Os biomateriais poden ser materiais biolóxicos naturais (como a madeira ou a pel) ou

58. Dicionario de acrónimos

Procura acrónimos relacionados con Internet. ABAP : Programación Avanzada para Aplicaciones de Gestión AES : Estándar de Encriptación Avanzado API : Interfaz de Programación de Aplicaciones ARP : Protocolo de Resolución de la Dirección CARO : Organización de Investación de Antivirus de Computadora DAO : Objeto de Acceso a Datos DIMM : Módulos de Memoria con Contactos Duales FAT : Tabla de Asignación de Archivos GUI : Interfaz Gráfica de Usuario IDE : Entorno Integrado de Desarrollo MAN : Red de Área Metropolitana POO : Programación Orientada a Objetos RIM : Red Inalámbrica Municipal SCM : Sistema de Control de Código Fuente SDK : Kit de Desarrollo de Software SPOC : Punto Único de Contacto TDD : Desarrollo Guiado por Pruebas TIC : Tecnologías de la Información y la Comunicación VCS : Sistema de Control de Versiones VPN : Red Privada Virtual WAM : Red de Área Amplia WLAM : Red de Áreal Local Inalámbrica

57. Biotecnoloxía

Define organismo transxénico. Un organismo transxénico é un ser vivo, dotado ou non de órganos, que recibiu un ou varios xenes suplementarios que se comportan como novos caracteres. Trátase dun organismo con modificacións xenéticas que leva algún xene procedente doutras especies. En que consiste a enxeñaría xenética? A enxeñaría xenética é unha ciencia que emprega tecnoloxías de laboratorio para alterar a composición do ADN dun organismo. Consiste principalmente na introdución dun xene no xenoma dun individuo que carece del ou o ten defectuoso, para dotalo de novas facultades. Que son os órganos biónicos? Os órganos biónicos son unhas máquinas ou instrumentos que funcionan de forma autónoma a través dunha serie de motores que se moven por impulsos eléctricos controlados por uns elementos externos que provocan ese movemento (non controlado polo ser humano) e que realizan as funcións do órgano que perdeu a súa funcionalidade. Que é o transhumanismo? O transhumanismo é un movemento intel

56. A biotecnoloxía

Que é a biotecnoloxía? A biotecnoloxía é o conxunto de técnicas que utilizan sistemas biolóxicos e organismos vivos (ou os seus derivados) para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos. Cales son os campos de aplicación da biotecnoloxía? A biotecnoloxía é coñecida pola súa área multidisciplinar, xa que se aplica en química, bioloxía e procesos varios para poder chegar a diferentes sectores como medicina, farmacia, agricultura, ciencia dos alimentos e ciencias forestais. Como foi o descubrimento da penicilina en 1928? A mañá do 28 de setembro de 1928, Fleming regresou ao Hospital St. Mary de Londres tras un mes de vacacións. Ao entrar no laboratorio viu que algúns cultivos estaban contaminados e decidiu tiralos. Mentres estaba a limpalos, observou que un fungo era capaz de matar algunhas bacterias, xa que ao redor do fungo estas non crecían. Comezou a facer un estudo sobre isto e ao seu descubrimento chamoulle "Penicillium notatum", aínda que nu

55. As células nai

Mira o vídeo titulado células nai (3:42) e responde: Como se chama a técnica empregada? A técnica empregada é a fecundación in vitro. Que quere dicir que "os espermatozoides e os óvulos son células especializadas"? Mentres que moitas células forman partes simples do corpo, algunhas completan tarefas máis complexas e especializadas. Esas células están deseñadas para realizar as funcións para as que están destinadas. Así, os óvulos teñen a función de permitir que un único espermatozoide os fertilice, mentres que os espermatozoides teñen a función de fertilizar óvulos durante a reprodución. Que son os cromosomas? Os cromosomas son filamentos condensados de ADN, visibles no núcleo das células durante a mitose e cuxo número é constante para as células de cada especie animal ou vexetal. E un blastocisto?  Un  blastocisto é un embrión cultivado en laboratorio ata os días 5 ou 6 de desenvolvemento. Ten unha estrutura celular complexa formada por aproximadamente 200 células. Por qu

54. Os xenes

Con respecto ao cariotipo, cal é o sexo desa persoa? Por que? O cariotipo conta con todos os cromosomas que hai no corpo humano. Neste caso, os cromosomas sexuais (o par 23) son XY, polo que o sexo do individuo é masculino. Observas algunha alteración no cariotipo? Busca en internet unha enfermidade relacionada cos cromosomas. Non, non observo ningunha alteración no cariotipo. Un exemplo de enfermidade relacionada cos cromosomas é o síndrome de Patau, unha enfermidade xenética que resulta da presencia dun cromosoma 13 suplementario. Hai algunha célula que non teña 46 cromosomas? Si, hai dous tipos de células que son diferentes. Trátase dos óvulos e dos espermatozoides, pois cada unha delas ten soamente 23 cromosomas. Cal é a diferenza entre xene e alelo? A diferenza é que un xene é unha secuencia de ADN que constitúe a unidade funcional para a transmisión dos caracteres hereditarios, mentres que un alelo é cada unha das formas alternativas dun mesmo xene que se atopan no mesmo lugar n

53. O ADN e os cromosomas

Imaxe
Que quere dicir que as cadeas de ADN se condensan? Cal é o resultado? Quere dicir que as cadeas de ADN se compactan grazas á asociación de proteínas específicas denominadas histonas. A condensación do ADN ten lugar de forma natural para que o reparto de material xenético durante a división celular sexa realizado de forma correcta. O grado de condensación máximo é o cromosoma. Por que os cromosomas teñen aspecto de X? Son as X sempre iguais? Os cromosomas teñen forma de X debido ao seu alto grado de compactación e a que, antes da condensación, cada cadea de ADN se duplica, isto é, fai unha copia idéntica de si mesma. A forma de X non sempre é a mesma, xa que o centrómero divide ao cromosoma en dous brazos, que poden ter distinta lonxitude en función da posición do centrómero. Busca tres exemplos de cariotipos doutras especies moi diferentes indicando o seu número de cromosomas. Hai algunha relación entre este número e o complexa que sexa a especie? As miñocas teñen 36 cromosomas, mentre

52. O núcleo e o ADN

Imaxe
Que é unha molécula e que compoñentes ten unha molécula de ADN? Unha molécula é a parte máis pequena en que se pode dividir un corpo sen que este perda as súas propiedades. O ADN é a molécula que contén a información xenética en todos os seres vivos. A molécula de ADN consiste en dúas cadeas que se enrolan entre elas para formar unha estrutura de dobre hélice. Ademais, está formado por uns compoñentes químicos básicos denominados nucleótidos, que inclúen un grupo fosfato, un grupo de azucre e unha de catro tipos de bases nitroxenadas alternativas. Para formar unha hebra de ADN, os nucleótidos únense formando cadeas, alternando cos grupos de fosfato e azucre. Os catro tipos de bases nitroxenadas atopadas nos nucleótidos son: adenina (A), timina (T), guanina (G) e citosina (C). A orde ou secuencia destas bases determina que instrucións biolóxicas están contidas nunha hebra de ADN. Que é a cromatina e por que está formada? A cromatina é a substancia que forma un cromosoma e consiste na

51. Reprodución asexual e sexual

Que quere dicir que “as funcións que realizan as células son a causa das funcións que teñen os seres vivos” Quere dicir que a célula é a unidade estrutural e funcional de todos os seres vivos, pois todos os organismos están constituídos por células e todas elas son capaces de levar a cabo as funcións de nutrición, metabolismo, resposta a estímulos, procesamento de información, reprodución e crecemento. Compara a reprodución asexual e a sexual contestando en cada caso: Cantos proxenitores se necesitan en cada caso? Na reprodución asexual só se necesita un proxenitor, mentres que na reprodución sexual son necesarios dous. Como son as células da descendencia, iguais ou distintas entre si? Na reprodución asexual as células da descendencia son iguais, mentres que na reprodución sexual son diferentes. Na especie humana como chamamos as células sexuais en machos e en femias? As células sexuais masculinas e femininas son, respectivamente, os espermatozoides e os óvulos. Que é a mitose e can