56. A biotecnoloxía

Que é a biotecnoloxía?
A biotecnoloxía é o conxunto de técnicas que utilizan sistemas biolóxicos e organismos vivos (ou os seus derivados) para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos.

Cales son os campos de aplicación da biotecnoloxía?
A biotecnoloxía é coñecida pola súa área multidisciplinar, xa que se aplica en química, bioloxía e procesos varios para poder chegar a diferentes sectores como medicina, farmacia, agricultura, ciencia dos alimentos e ciencias forestais.

Como foi o descubrimento da penicilina en 1928?
A mañá do 28 de setembro de 1928, Fleming regresou ao Hospital St. Mary de Londres tras un mes de vacacións. Ao entrar no laboratorio viu que algúns cultivos estaban contaminados e decidiu tiralos. Mentres estaba a limpalos, observou que un fungo era capaz de matar algunhas bacterias, xa que ao redor do fungo estas non crecían. Comezou a facer un estudo sobre isto e ao seu descubrimento chamoulle "Penicillium notatum", aínda que nun primeiro momento non tivo moita repercusión.

Howard Forey, Ernst Chain e Norman Heatley retomaron as investigacións de Fleming e purificaron a penicilina. Probaron a penicilina primeiro en animais e logo en humanos. Tras os excelentes resultados, Chain, Forey e Fleming recibiron o Premio Nobel en 1945.

Que ten que ver a ovella Dolly con todo isto?
A ovella Dolly foi o primeiro mamífero clonado a partir de céllulas adultas grazas a unha técnica ideada polo biólogo escocés Ian Wilmut e un equipo de científicos do instituto Roslin de Edimburgo (Escocia).

A clonación de Dolly (que pariu de forma natural unha cría en 1998 e morreu en 2003) abriu infinitas oportunidades para a medicina rexenerativa, a bioloxía e a agricultura.

Comentarios