52. O núcleo e o ADN
Que é unha molécula e que compoñentes ten unha molécula de ADN?
Unha molécula é a parte máis pequena en que se pode dividir un corpo sen que este perda as súas propiedades.
O ADN é a molécula que contén a información xenética en todos os seres
vivos. A molécula de ADN consiste en dúas cadeas que se enrolan entre
elas para formar unha estrutura de dobre hélice. Ademais, está formado por uns compoñentes químicos básicos denominados nucleótidos, que inclúen un grupo fosfato, un grupo de azucre e unha de catro tipos de bases nitroxenadas alternativas. Para formar unha hebra de ADN, os nucleótidos únense formando cadeas, alternando cos grupos de fosfato e azucre.
Os catro tipos de bases nitroxenadas atopadas nos nucleótidos son: adenina (A), timina (T), guanina (G) e citosina (C). A orde ou secuencia destas bases determina que instrucións biolóxicas están contidas nunha hebra de ADN.
Que é a cromatina e por que está formada?
A cromatina é a substancia que forma un cromosoma e consiste na combinación de ADN con proteínas.
Respecto ás proteínas, a maioría das que compoñen a cromatina son as histonas, que axudan a empaquetar o ADN nunha forma compacta que cabe dentro do núcleo celular. Os cambios na estrutura da cromatina prodúcense cando o ADN se duplica e durante a expresión xénica.
No primeiro debuxo, ademais das bases nitroxenadas, obsérvase como cada cadea ten unha parte central formada por azucres (desoxirribosa) e grupos fosfato. Enganchado a cada azucre hai unha das seguintes 4 bases: adenina (A), citosina (C), guanina (G), e timina (T). As dúas cadeas mantéñense unidas por ligazóns entre as bases; a adenina enlázase coa timina, e a citosina coa guanina. A secuencia destas bases ao longo da cadea é o que codifica as instrucións para formar proteínas e moléculas de ARN.
Que tipo de célula representa o segundo debuxo? Indica as súas partes.
- Aparato de Golgi
- Cloroplasto
- Mitocondria
- Vacúolo
- Núcleo
- Nucléolo
- Membrana celular
- Poro nuclear
- Nucléolo
- Cromatina
- Nucleoplasma
- Envoltura nuclear
Comentarios
Publicar un comentario