55. As células nai

Mira o vídeo titulado células nai (3:42) e responde:
  • Como se chama a técnica empregada? A técnica empregada é a fecundación in vitro.
  • Que quere dicir que "os espermatozoides e os óvulos son células especializadas"? Mentres que moitas células forman partes simples do corpo, algunhas completan tarefas máis complexas e especializadas. Esas células están deseñadas para realizar as funcións para as que están destinadas. Así, os óvulos teñen a función de permitir que un único espermatozoide os fertilice, mentres que os espermatozoides teñen a función de fertilizar óvulos durante a reprodución.
  • Que son os cromosomas? Os cromosomas son filamentos condensados de ADN, visibles no núcleo das células durante a mitose e cuxo número é constante para as células de cada especie animal ou vexetal.
  • E un blastocisto? Un  blastocisto é un embrión cultivado en laboratorio ata os días 5 ou 6 de desenvolvemento. Ten unha estrutura celular complexa formada por aproximadamente 200 células.
  • Por que son tan importantes as células nai? A importancia das células nai está en que, unha vez tratadas, poden ser a base para acabar con moitas enfermidades e para xerar nun laboratorio alternativas para a recuperación de enfermos que necesitan transplantes dalgún dos seus órganos, xa que as células nai embrionarias son as únicas capaces de dividirse para formar calquera dos tecidos e órganos do corpo humano.
  • Que grave problema médico poden resolver estas células? As enfermidades que poden ser tratadas mediante o transplante de células xeradas a partir de células nai embrionarias humanas inclúen o Parkinson e a diabetes, entre outras. Ademais, partindo de células nai embrionarias, nun futuro será posible tratar enfermidades dexenerativas como o Alzheimer, a diabetes ou a cirrose.

Comentarios