51. Reprodución asexual e sexual
Que quere dicir que “as funcións que realizan as células son a causa das funcións que teñen os seres vivos”
Quere dicir que a célula é a unidade estrutural e funcional de todos os seres vivos, pois todos os organismos están constituídos por células e todas elas son capaces de levar a cabo as funcións de nutrición, metabolismo, resposta a estímulos, procesamento de información, reprodución e crecemento.
Compara a reprodución asexual e a sexual contestando en cada caso:
Que é a mitose e cando se utiliza?
A mitose é un proceso de división das células somáticas dos eucariotas, que consiste nunha división lonxitudinal dos cromosomas e nunha división do citoplasma que ten como resultado dúas células fillas idénticas á nai e entre si.

- Cantos proxenitores se necesitan en cada caso? Na reprodución asexual só se necesita un proxenitor, mentres que na reprodución sexual son necesarios dous.
- Como son as células da descendencia, iguais ou distintas entre si? Na reprodución asexual as células da descendencia son iguais, mentres que na reprodución sexual son diferentes.
- Na especie humana como chamamos as células sexuais en machos e en femias? As células sexuais masculinas e femininas son, respectivamente, os espermatozoides e os óvulos.
Que é a mitose e cando se utiliza?
A mitose é un proceso de división das células somáticas dos eucariotas, que consiste nunha división lonxitudinal dos cromosomas e nunha división do citoplasma que ten como resultado dúas células fillas idénticas á nai e entre si.
Para a maior parte dos seres vivos é a única forma de reprodución, mentres que nos seres pluricelulares é unha forma de reprodución celular empregada para medrar, engordar ou repoñer células.
Que é a meiose e cando se utiliza?
A meiose é un proceso de división celular que consiste en dúas divisións nucleares, que teñen lugar sucesivamente e nas que só hai unha división lonxitudinal dos cromosomas. O número de cromosomas das células resultantes é a metade dos da célula en que se divide.

Nos seres pluricelulares, a meiose serve para formar novos individuos.
Comentarios
Publicar un comentario