57. Biotecnoloxía
Define organismo transxénico.
Un organismo transxénico é un ser vivo, dotado ou non de órganos, que recibiu un ou varios xenes suplementarios que se comportan como novos caracteres. Trátase dun organismo con modificacións xenéticas que leva algún xene procedente doutras especies.
En que consiste a enxeñaría xenética?
A enxeñaría xenética é unha ciencia que emprega tecnoloxías de laboratorio para alterar a composición do ADN dun organismo. Consiste principalmente na introdución dun xene no xenoma dun individuo que carece del ou o ten defectuoso, para dotalo de novas facultades.Un organismo transxénico é un ser vivo, dotado ou non de órganos, que recibiu un ou varios xenes suplementarios que se comportan como novos caracteres. Trátase dun organismo con modificacións xenéticas que leva algún xene procedente doutras especies.
En que consiste a enxeñaría xenética?
Que son os órganos biónicos?
Os órganos biónicos son unhas máquinas ou instrumentos que funcionan de forma autónoma a través dunha serie de motores que se moven por impulsos eléctricos controlados por uns elementos externos que provocan ese movemento (non controlado polo ser humano) e que realizan as funcións do órgano que perdeu a súa funcionalidade.
Que é o transhumanismo?
O obxectivo do transhumanismo é chegar a unha especie transhumana, con maiores capacidades físicas, psíquicas e intelectuais e, posteriormente, a un posthumano, un ser que xa non será humano senón superior a el.
Comentarios
Publicar un comentario