60. Novas tecnoloxías e materiais (2)
Fai unha breve descrición (mínimo 3 liñas) de cada tecnoloxía: Nanorobots : minúsculos robots de tamaño nanométrico e con formas variadas que son capaces de actuar de forma autónoma. Grazas ás súas diminutas medidas poden realizar diferentes funcións e moverse con facilidade, desde viaxar ao interior do organismo humano para loitar contra moitas enfermidades a ser empregados para limpar o medio ambiente ou na detección de pragas. Internet das cousas : proceso que permite conectar elementos físicos cotiáns ao Internet: desde obxectos domésticos comúns, como as lámpadas de luz, ata recursos para a atención da saúde, como os dispositivos médicos; tamén abarca pezas e accesorios persoais intelixentes e mesmo os sistemas das cidades intelixentes. É, por tanto, un sistema tecnolóxico que permite que os obxectos se conecten a Internet e entre si. Tecnoloxía LED : material semiconductor que é capaz de emitir unha radiación electromagnética en forma de luz. A tecnoloxía LED presenta moitas vant