Publicacións

40. A hominización

Dentro da variedade de especies e xéneros que constitúen a nosa "árbore xenealóxica" podemos observar como o proceso evolutivo seguiu unhas tendencias determinadas que, ao longo do tempo, nos foron afastando das características dos primates (como, por exemplo, o andar bípedo ou o aumento do cráneo). Nesta entrada tes que ampliar cales foron ditas tendencias evolutivas. As tendencias evolutivas da orde primate que foron dando lugar á aparición dos homínidos son: Tendencia ao bipedismo ou postura ergueita Liberación do chan das extremidades anteriores (como consecuencia do bipedismo), que se transformaron en superiores. Estas puidéronse empregar para agarrar e coller alimentos e utensilios, o que favoreceu a construción de ferramentas e contribuíu ao desenvolvemento da intelixencia, que permitiu o desenvolvemento da linguaxe Co paso do tempo, mans menos bastas e dedos máis finos. Ademais, o polgar fíxose mais longo en relación co resto dos dedos. As uñas tenderon a reducirse e ...

Infografía "A evolución humana"

Imaxe
 

37. Exemplos de infografías

Imaxe
Busca 5 exemplos de infografías con temas e aspectos diferentes sobre as cuestións científicas que tratamos neste curso: ciencia, universo, planeta Terra, vida, seres vivos, mediciña e tecnoloxía. Fai unha breve descrición do que se explica na infografía. Nesta infografía apórtanse datos sobre o Sol e a distancia á que están os planetas con respecto a este: Esta infografía fala do ácido desoxirribonucleico, aportando curiosidades sobre o mesmo: Aquí tamén se aportan curiosidades, pero neste caso son sobre o planeta Terra: Nesta infografía fálase sobre os tardígrados, dicindo onde viven, cantas especies hai e aportando diversos datos sobre eles: Esta infografía presenta a doce mulleres que foron importantes no ámbito da ciencia e fala sobre os seus correspondentes descubrimentos:

36. Extincións

Das distintas extincións que se produciron na historia da Terra indica: cando sucedeu cada unha, a que foi debida, exemplos de especies que desapareceron e porcentaxe de especies que se extinguiron. Extinción masiva do Ordovícico-Silúrico : Tivo lugar fai 443 millóns de anos. Causada, probablemente, por un período glacial ou pola diminución da cantidade de osíxeno dispoñible. Recentemente, pénsase que foi a explosión dunha supernova a que provocou efectos devastadores en todos os seres vivos. Provocou a desaparición de trilobites, arqueociátidos, braquiópodos, conodontes e graptolitoideos. O Orthoceras desapareceu nesta extinción. O 86% das especies desapareceron. Extinción masiva do Devónico-Carbonífero : Tivo lugar fai 367 millóns de anos. Causada pola aparición de novas plantas terrestres, que liberaron nutrintes no océano, proliferando a poboación de algas, que absorberon o osíxeno da auga, condenando así a vida animal. Provocou a desaparición case total dos trilobites. O Dunkleost...

35. A evolución

Imaxe
A evolución prodúcese, principalmente, debido á variabilidade xenética, ás mutacións, á recombinación xenética, á deriva xenética, ao fluxo xenético, á selección natural e á "loita" pola supervivencia.

34. Darwin e Wallace

Cal foi a causa pola que Darwin, e non Wallace, é considerado o "pai" da teoría da evolución? Wallace envioulle as súas ideas ao naturalista inglés Charles Darwin, con quen intercambiou varias cartas. Darwin, que estivera traballando durante 20 anos na súa propia teoría da selección natural, aínda non publicara as súas ideas por medo a que foran rexeitadas. Pronto se decatou de que os descubrimentos de Wallace encaixaban cos seus, polo que decidiu dar o paso. Presentou ambos documentos á vez para que os dous recibiran crédito pola teoría da evolución e, no momento, ambos se fixeron famosos. Sen embargo, logo de que en 1859 Darwin publicara o seu libro A Orixe das Especies por Medio da Selección Natural, este quedou na memoria da xente como o home que descubriu a evolución, polo que Wallace foi esquecido pola maioría da xente. En que zonas xeográficas "recolectaron" respectivamente as probas de que os seres vivos evolucionan? Para "recolectar" as súas proba...

33. As formas acelulares

Que son?      Todos os organismos que constitúen os cinco reinos biolóxicos son estruturas celulares (son células ou están constituídos por conxuntos de células). Sen embargo, na natureza tamén existen estruturas acelulares, que posúen capacidade reprodutora, mais só se poden reproducir empregando parasitariamente as estruturas biolóxicas dunha célula hóspede. Que tipos hai?      Actualmente, describíronse máis de 9910 especies de acelulares, pero pénsase que pode haber millóns de especies que todavía non foron atopadas.      Algúns tipos de formas acelulares son: virións (infectan a calquera tipo de organismo), viroides (infectan a plantas e fungos, pero tamén poden replicarse en bacterias e algas), virófagos (infectan a outros viruses), virusoides (necesitan un virus auxiliar para a súa replicación), etc. Son seres vivos ou non? Os seres vivos están formados por células (unha ou varias) e elas son a base da súa fisioloxía e anatomí...

32. A árbore da vida

Imaxe

31. Orixe da vida

Cando apareceron os primeiros seres vivos... como eran? Pénsase que os primeiros organismos eran procariotas e heterótrofos, é dicir, que obtiñan materia e enerxía de substancias orgánicas presentes nos mares primitivos. Estes organismos vivían en ausencia de osíxeno, gas inexistente na atmosfera. Por que se pensa que a vida xurdiu na auga? O compoñente máis abundante das células, onde se dan todas as reaccións químicas do metabolismo celular dos organismos vivos, é a auga. Sen embargo, antes de que xurdira a primeira célula non había unha "barreira" que a separara do medio acuoso, polo que se pensa que toda a química previa aos primeiros sistemas vivos debía desenvolverse directamente sobre mollado. Ademais, exames de xenomas de microbios sinxelos permiten concluír que os seus antepasados vivían en chemineas hidrotermais no solo marino. Hai outras explicacións alternativas a como e onde apareceron os primeiros seres? Si, existen outras explicacións como pode ser, por exemplo...

30. Conceptos básicos de bioloxía

Especie : grupo de seres vivos moi similares desde o punto de vista xenético, capaces de se cruzaren e teren descendencia viable en condicións naturais. Evolución : proceso xeral de cambio nos seres vivos que ten como resultado a aparición de novas especies. Adaptación : p roceso mediante o cal un ser vivo se acomoda ao medio en que vive. Ecoloxía : c iencia que estuda as relacións que manteñen os seres vivos entre si e co medio en que viven. Biótopo : e spazo que presenta uniformidade en canto ás condicións necesarias para a existencia dunha comunidade animal e vexetal determinada. Biocenose : a sociación de organismos de diversas especies que viven nun hábitat determinado formando unha comunidade integrada. Célula : unidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva que pode constituír un organismo por si soa, organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares. Procariota : organismo ...

29. Características dos seres vivos

Cales son as características e propiedades que "identifican" a algo como un ser vivo? Os biólogos identificaron varias características comúns a todos os organismos que coñecemos. Aínda que as cousas inanimadas poden ter algunhas destas características, só os seres vivos as posúen todas: Organización : os seres vivos están altamente organizados, é dicir, conteñen partes especializadas e coordinadas. Todos os seres vivos están formados por unha ou máis células, que se consideran as unidades fundamentais da vida. Metabolismo : a vida depende dunha enorme cantidade de reaccións químicas interconectadas. Os seres vivos deben usar enerxía e consumir nutrintes para levar a cabo as reaccións químicas que sustentan a vida. Homeostase : os organismos regulan o seu ambiente interno para manter o rango relativamente estreito de ondicións necesarias para o funcionamento celular. Crecemento : os seres vivos experimentan crecemento regulado. As células individuais aumentan de tamaño e os or...

28. Que é a vida?

Cremos saber que características e propiedades son as que "identifican" a algo como un ser vivo. Por outra banda, hai certas evidencias de como puideron ser os primeiros habitantes da Terra. Sen embargo, a cuestión de que é a vida ou como apareceu o primeiro ser vivo segue sen resolverse. A ver se ti o sabes... que é a vida? O concepto de vida pode ser definido desde diversos enfoques: A noción máis habitual está vinculada á bioloxía, que sostén que a vida é a capacidade de nacer, crecer, reproducirse e morrer. Para a relixión, a vida é a unión do corpo e a alma. Dende un punto de vista bioquímico, a vida pode definirse como un estado ou carácter especial da materia, alcanzado por estruturas moleculares específicas, con capacidade para desenvolverse, manterse nun ambiente, recoñecer e responder a estímulos e reproducirse permitindo a continuidade. No sentido estritamente fisiolóxico, a vida é a característica que distingue aos seres animados dos inanimados.

27. A Terra é a vida

Explica cales son as condicións únicas que permitiron que a vida xurdira, evolucionara e se diversificara no planeta Terra (entre 15 e 20 liñas). A existencia da vida na Terra apóiase en seis grandes piares: A distancia ao sol, que fai posible a presenza de auga en estado líquido. Ademais, permite a presenza de luz solar, coa que as plantas realizan a fotosíntese, proceso polo que converten o dióxido de carbono en osíxeno. A auga, substancia imprescindible para que exista calquera tipo de vida. Con ela realízanse todas as reaccións químicas do metabolismo dos seres vivos. De feito, o corpo humano está composto aproximadamente por un 70% de auga, cantidade semellante á que hai na superficie terrestre. A combinación de elementos químicos presentes na superficie terrestre (como poden ser o nitróxeno, o osíxeno, o carbono e o hidróxeno), que permiten a existencia das biomoléculas que compoñen os organismos vivos. A atmosfera, que atrapa as radiacións de alta enerxía pola súa composición ri...

26. A xeosfera

Cal é a nosa maior fonte de información para estudar o interior da xeosfera?      Como non se pode acceder ao interior da Terra é necesario deducir, a partir dos datos obtidos por métodos indirectos, como é o seu interior para poder coñecer así a súa estrutura e as propiedades dos materiais que o compoñen.      Un dos principais métodos de estudo indirecto é o método sísmico, que está baseado no estudo das ondas sísmicas producidas por terremotos ou por explosións controladas. Analizando a velocidade e a traxectoria desas ondas pódese coñecer a composición química, o estado físico e a estrutura dos materiais que compoñen as partes internas da Terra. Que son as descontinuidades?      Cando as ondas cambian de medio modifican a súa traxectoria e velocidade, polo que se pode deducir como é o interior da Terra ao analizar a diferencia de chegada aos distintos sismógrafos das ondas P (que se transmiten a partir dos medios sólidos e líquido...

Mapa mental "O universo e o Sistema Solar"

Imaxe
 

25. A hidrosfera

Na hidrosfera, a auga pode atoparse en varios estados. Cales son e onde os atopamos?      Os estados da auga na natureza son: sólido (en forma de xeo ou en glaciares), líquido (nos océanos e nas augas continentais) e gaseoso (por exemplo, no vapor de auga que hai nas nubes). A auga "móvese" entre as distintas capas da Terra mediante o ciclo do auga. Que dúas forzas ou enerxías permiten este movemento? Explica brevemente en que consiste este ciclo.      A auga do planeta circula e cambia de estado de forma constante grazas á forza da gravidade e á enerxía solar.      O sol quenta a superficie das augas dos ríos, lagos, lagoas, mares e océanos, polo que a auga se transforma en vapor e sobe á atmosfera. Na atmosfera, o vapor concéntrase en pingas que formarán nubes. Unha vez alí, a auga pasará ao seu estado líquido novamente, descendendo á superficie en forma de pequenas pingas. A cuarta etapa do ciclo da auga é a infiltración. Coñécese com...

24. A atmosfera

Imaxe
Define atmósfera A atmosfera é a capa gasosa que envolve a Terra. Que é o aire? Cal é a súa composición? O aire é a mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco está composto por nitróxeno (78'084%), osíxeno (20'946%), argon (0'934%), dióxido de carbono (0'033%) e por outros gases (0'002%). A atmosfera actual non se parece en nada á primitiva atmósfera da Terra. Por que?      A diferencia máis importante entre a atmosfera primitiva e a actual é que aquela non contiña osíxeno e posuía unha maior abundancia de CO2. Ademais, tampouco existía a capa de ozono. Sen embargo, a atmosfera actual protexe da radiación solar ultravioleta, controla a temperatura e evita a entrada de meteoritos.      A atmosfera inicial estaba composta por hidróxeno e helio. Logo, o planeta foi bombardeado por unha gran cantidade de meteoritos, que desembocarían nunha actividade tectónica e volcánica sen precedentes. Os gases ...

21-23. As placas litosféricas

Identifica as placas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 1 - Placa Euroasiática 2 - Placa Africana 3 - Placa Suramericana 4 - Placa Norteamericana 5 - Placa Pacífica 6 - Placa de Nazca Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 1 e 2 e entre 3 e 6. Como se chaman estas zonas? Que está sucedendo en cada caso?      Entre 1 e 2 hai un borde converxente, polo que hai un proceso de subdución no que a litosfera africana se afunde por debaixo da litosfera da placa Euroasiática. Entre 3 e 6 hai o mesmo tipo de límite, sendo a placa de Nazca a que se afunde por debaixo da Suramericana. Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 2 e 3 e entre 5 e 6. Como se chaman estas zonas? Que está sucedendo en cada caso?      Entre 2 e 3 hai un borde diverxente, polo que se está producindo unha separación entre a placa Africana e a placa Suramericana. Entre 5 e 6 hai o mesmo tipo de límite, polo que tamén se están separando a placa Pacífica e a placa de Nazca. O océano Atlántico está a medrar...

20. As placas litosféricas

Que é a litosfera? A litosfera é a capa de rochas ríxida, formada pola codia e o manto superior. Ten un espesor aproximado de 100 quilómetros. A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura? A litosfera atópase flotando sobre unha capa pastosa denominada astenosfera. A atenosfera é maleable e pode ser empuxada e deformada en resposta á calor da Terra. É por iso que, cando unha corrente de magma procedente do manto chega á litosfera, esta sofre unha fragmentación que, co paso de millóns de anos, dá lugar a dúas placas diferentes. Que é unha placa litosférica? Indica o nome das principais placas As placas tectónicas ou litosféricas son os diferentes fragmentos nos que se atopa dividida a litosfera. Actualmente, diferéncianse sete grandes placas tectónicas (Placa Euroasiática, Placa Africana, Placa Indoaustraliana, Placa Norteamericana, Placa Suramericana, Placa Pacífica e Placa Antártica) e unhas sete pequenas placas tectónicas ...

19. As fontes de enerxía da Terra

A Terra está continuamente cambiando e evolucionando. Os seus climas, os seus continentes e océanos, a súa xeografía, ... foron variando no pasado e seguirán variando no futuro. A nivel global estas transformacións naturais son orixinadas por dúas inmensas fontes de enerxía con características, ás veces, contrarias. De que duas fontes de enerxía se trata? Explica de onde proceden. Trátase da enerxía xeotérmica e da enerxía solar. A xeotérmica é a que se pode obter mediante o aproveitamento da calor do interior da Terra, mentres que a solar é a que se obtén mediante o aproveitamento dos raios do Sol. Como inflúen esas fontes de enerxía no relevo? A enerxía térmica do interior da Terra é a responsable dos procesos xeolóxicos internos, que dan lugar á formación do relevo (montañas, dorsais oceánicas, volcáns, ...). Os procesos xeolóxicos externos (erosión, transporte e sedimentación), pola contra, encárganse de destruir o relevo, tendendo a nivelar a superficie terrestre. Estes procesos e...

18. As capas da Terra

Cales son as capas da Terra? A Terra está composta por catro capas diferentes: Atmosfera : está composta principalmente de nitróxeno (78'08%) e osíxeno (20'95%). Xunto a estes, existen outros gases en menor cantidade como o argón (0'93%) ou o dióxido de carbono (0'035%). Biosfera : o 95% da biosfera está formada por carbono, nitróxeno, osíxeno, fósforo e azufre. Hidrosfera : a auga do mar está composta, principalmente, por hidróxeno, osíxeno, sodio, cloro, magnesio, azufre, potasio, calcio e bromo Xeosfera : está formada por osíxeno, silicio, magnesio, ferro e níquel en estado viscoso. Xustifica o enunciado "os elementos químicos que hoxe constitúen a Terra foron situándose de acordo coa súa densidade" Ao principio, a Terra era unha masa de materia ardente. Durante máis de 1 000 millóns de anos houbo nela unha gran actividade volcánica, a causa da calor almaceada no seu interior. Conforme a calor se foi disipando, a gravidade terrestre fixo que os materiais qu...

17. A formación da Terra

Cal foi o proceso polo que se iniciou a formación da Terra?      Créese que fai 4 600 millóns de anos explotou unha estrela próxima á Vía Láctea, cuxa onda de choque puxo en movemento os materiais da nosa nebulosa protosolar, que comezou a xirar máis deprisa formando un disco. As forzas gravitatorias reuniron a maior parte da masa nunha esfera central e ao seu arredor quedaron xirando outras moito máis pequenas.      Co crecemento do Sol o material restante comezou a agruparse, dando lugar a asteroides, cometas, planetas e lúas. Nun principio o núcleo da Terra formouse con elementos pesados que chocaron e se uniron entre si. Os materiais máis densos foron absorbidos cara o centro, mentres que os materiais máis lixeiros formaron a codia. Como se formou a Lúa?      Uns 20 ou 30 millóns de anos despois da formación dun planetoide preto da órbita da Terra, este volveuse demasiado masivo como para permanecer de forma estable na súa órbita. Anos má...

16. Wegener

Imaxe
Que descubriu Wegener? Wegener propuxo a teoría da deriva continental , baseándose na forma que tiñan os continentes a ambos lados do Atlántico e no seu encaixe perfecto. Esta observación levouno a pensar que fai miles de millóns de anos solo existía un continente, ao que denominou "Panxea". Que probas aportou para xustificar a súa teoría? Para xustificar a súa teoría aportou diversas probas: Xeográficas : Wegener sospeitou que os continentes poderían ter estado unidos en épocas pasadas ao observar unha gran coincidencia entre as formas da costa dos continentes. Paleontolóxicas : existen varios exemplos de fósiles de organismos idénticos que se atoparon en lugares que hoxe se atopan a miles de quilómetros. Esta proba indica que os continentes estiveron reunidos nalgunha época pasada. Xeolóxicas : reuniu os continentes en Panxea e descubriu que existían cordilleiras da mesma idade e clase de rochas en distintos continentes e, polo tanto, segundo Wegener, estiveran unidos. Pal...

15. Nos confíns do Sistema Solar

Imaxe
Que é a forza da gravidade?      A forza da gravidade é unha das interaccións fundamentais da natureza, que fai que corpos dotados de masa se atraian entre si con maior intensidade na medida en que sexan máis voluminosos ou estean máis cerca uns dos outros.      A Lei de gravitación universal que a explica e permite calculala foi proposta por Isaac Newton en 1687, supostamente tras recibir o impacto dunha mazá na cabeza.      Posteriormente, o físico Albert Einstein, baseándose en Newton e nos seus propios descubrimentos, postulou a súa Teoría da Relatividade Xeral, na que reformulou algúns aspectos da gravitación newtoniana. Que é a nube de Oort? A que distancia se atopa do Sol?      A nube de Oort é unha agrupación esférica de 100.000 millóns de corpos feitos de rochas, xeo e po.      Foi descuberta en 1950 polo astrónomo holandés Jan Hendrik Oort, e créese que os seus confíns poderían estar a 14 959 787 070 00...

14. Plutón

Plutón é un obxecto celeste, actualmente considerado como un planeta anano, aínda que durante un longo tempo foi o planeta máis afastado do sistema solar. A idea de nomealo con ese nome débese á súa situación de afastamento semellante á que sofre Plutón, deus romano dos infernos e das teblas, gobernador das distantes terras do inframundo. Venus es la representación romana de la diosa griega Afrodita, esta diosa es conocida por su esplendorosa belleza y era asociada con la hermosura, el amor y la fertilidad. Fuente: ¿Por qué el planeta Venus se llama así? https://blogdidactico.com/porque-el-planeta-venus-se-llama-asi Venus es la representación romana de la diosa griega Afrodita, esta diosa es conocida por su esplendorosa belleza y era asociada con la hermosura, el amor y la fertilidad. Fuente: ¿Por qué el planeta Venus se llama así? https://blogdidactico.com/porque-el-planeta-venus-se-llama-asi

13. Compoñentes do sistema solar

Busca un vídeo curto no que se expliquen os compoñentes do Sistema Solar      No canto de buscar un vídeo cunha duración máxima de 15 minutos, atopei dous vídeos cortiños (que suman aproximadamente 8 minutos) nos que se fala das rochas espaciais e dos planetas do Sistema Solar: Cometas, asteroides, meteoros e meteoritos https://youtu.be/TzocevK2x8k Planetas do Sistema Solar https://youtu.be/hv9rUQY8HAk

12. O universo

Planeta anano : corpo celeste semellante a un planeta, pero que non limpou a zona da súa órbita doutros obxectos ríxidos. Satélite : corpo celeste que xira arredor dun planeta. Asteroide : corpo celeste de características rochosas e dimensión inferior a 1000 km, que gravita arredor do Sol, na maioría dos casos entre as órbitas de Marte e Xúpiter. Cometa : corpo celeste que orbita arredor do Sol constituído por un núcleo de xeo e rochas e unha cola formada por gas e po. Meteorito : fragmento dun corpo celeste que cae sobre a superficie dun planeta ou satélite, en particular da Terra. Órbita : traxectoria descrita por todo corpo celeste que xira arredor doutro.

11. O universo

Universo : conxunto constituído por todos os corpos celestes e o espazo que os contén. Galaxia : cada unha das agrupacións de estrelas que, vistas co telescopio, presentan un aspecto brillante, nebuloso e xeralmente aplanado. Por mor das inmensas distancias que separan a Terra das galaxias, é case imposible distinguir alguna estrela individual. Nebulosa : condensación de materia interestelar en forma de nube de contornos imprecisos e que pertence á Galaxia. Estrela : astro de gran volume que brilla con luz propia, cunha intensidade que varía segundo a estrela. Sistema : conxunto de corpos celestes que pertencen a un único complexo orgánico constituído. Planetario : conxunto de dispositivos ópticos e mecánicos destinados a reproducir o aspecto do firmamento e os movementos dos astros. Planeta : corpo sólido que describe órbitas elípticas ao redor do Sol ou, en xeral, dunha estrela.

10. Facer un mapa mental

Imaxe

9. Lectura de xeoloxía

O texto fala sobre o recente descubrimento das partes da xeosfera e indica os acontecementos que levaron a que isto sucedera: En 1906, un xeólogo irlandés estaba examinando as lecturas dun sismógrafo cando se deu conta de que algunhas ondas de choque penetraran ata un punto moi profundo e logo rebotaran, como se se atoparan cunha especie de barreira. Deduciu disto que a Terra tiña un núcleo. En 1909, un sismólogo croata estaba estudando gráficos dun terremoto e localizou unha reflexión semellante, pero a un nivel máis superficial. Descubriu así a fronteira entre a corteza e o manto. En 1936, un científico danés estaba estudando sismografías de terremotos cando descubriu que había dous núcleos.

8. Elaborar un informe

Imaxe
O cambio climático fai referencia aos cambios a longo plazo das temperaturas e dos patróns climáticos. Estes cambios poden ser naturais, pero desde o século XIX a queima de combustibles fósiles foi a principal causante. Se o quecemento global segue avanzando ao seu ritmo actual, a temperatura media global podería aumentar ata 1'5 graos entre os anos 2030 e 2052, feito que repercutiría notablemente no desxeo do Ártico. Á súa vez, isto daría lugar ao aumento do nivel do mar que, segundo conta Europa Press, entre xaneiro de 1995 e maio de 2019 aumentou 81'9 mm. No mes de xullo de 2019, a temperatura media do planeta situouse 1'2 graos por enriba do nivel da era preindustrial. De feito, o 25 de xullo de 2019 rexistráronse récords nacionais de temperatura en Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, Holanda e o Reino Unido, alcanzando a insólita cifra de 40 graos. En conclusión, o cambio climático afecta a todo. Debe abordarse con urxencia xa que, de non facelo, as temperaturas medias segui...

7. O programa do curso

Que disciplinas ou ramas da ciencia imos a coñecer? Xeoloxía : ciencia que estuda os materiais e a evolución do globo terrestre. Ebba Hult de Geer (desenvolveu a xeocronoloxía de Suecia) Bioloxía : ciencia que ten por obxecto o estudo dos seres vivos. Lynn Margulis (creou a teoría da endosimbiose) Medicina : ciencia que ten por obxecto curar e previr as enfermidades. Elizabeth Blackburn (descubriu a telomerasa) Computación : ciencia do tratamento automático da información por medio de máquinas electrónicas. Ada Lovelace (foi a primeira programadora de ordenadores) Xenética : rama da bioloxía que estuda a transmisión de caracteres hereditarios. Margarita Salas (descubriu o ADN polimerasa)

6. Ciencia VS Pseudociencia

Procura na rede algún exemplo de pseudociencia. As pseudociencias son prácticas ou teorías que se presentan como ciencia pero que non poden ser comprobadas polo método científico. Adoitan ser válidas para a sociedade, aínda que moitas veces carecen de fundamentos e lóxica. A frenoloxía, por exemplo, é unha pseudociencia. Nela destaca o médico Franz Gall, que suxeriu que as formas na cabeza dunha persoa correspondían ás características físicas da corteza cerebral. Gall pensaba que a forma da cabeza revelaba aspectos da personalidade e o carácter dun individuo, polo que desenvolveu un sistema que incluía 27 "facultades" que, segundo el, pertencían directamente a certas partes da cabeza. As ideas de Gall fixéronse moi populares durante os anos 1800 e 1900, a miúdo como forma de entretemento popular. Incluso había máquinas que se colocaban sobre a cabeza dunha persoa e proporcionaban unha medición das diferentes partes do cráneo e das características do individuo. O exemplo cumpr...

5. O método científico

Que é a ciencia? A ciencia é o conxunto dos sistemas de coñecemento con obxecto e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar. Son elaborados a partir da observación, a experimentación e a utilización de teorías. Compara hipótese e teoría: que teñen en común e que as diferenza? Unha hipótese é unha explicación suxerida para un fenómeno observable, mentres que unha teoría é unha explicación probada e xustificada mediante unha serie de feitos comprobados e verificados. O que teñen en común é que ambas son comprobables e refutables. Cal é a importancia da experimentación no método científico? A importancia da experimentación no método científico é que busca contradicir a hipótese mediante os experimentos necesarios co obxectivo de garantir que o planteamento da hipótese non é erróneo. Qué científico ou científicos empregaron por vez primeira o método científico? O primeiro en utilizar o método científico foi Galileo Galilei, aínda que anteriormente ...

4. A orixe da ciencia moderna

"... cando se comezan a superar as limitacións ao coñecemento que supuxo asumir que a verdade estaba unicamente nos textos clásicos (civilizacións grega e romana) e nas crenzas relixiosas (cristianismo, xudaísmo) exclusivamente"  Que quere dicir esta frase en relación ao orixe da ciencia moderna? Esta frase fai referencia ás dúas etapas polas que pasou a Revolución científica: Unha primeira de recuperación do legado filosófico e científico da antigüidade clásica, satinizado polos séculos de dominio relixioso sobre a mentalidade europea. Unha segunda de innovación e cambios radicais, cuxo mellor exemplo é a substitución do modelo xeocéntrico do universo proposto por Aristóteles e defendido pola Igrexa, polo Heliocéntrico de Nicolás Copérnico. En que rama do coñecemento se empregaron por primeira vez os criterios científicos? O método científico é un descendente dunha rama da filosofía chamada "epistemoloxía". Entre os primeiros científicos, quen destaca ao empregar a...

3. Ciencia e cultura

Que foi o humanismo do Renacemento? O humanismo renacentista foi un movemento cultural, filosófico e intelectual que se enfocaba na capacidade dos seres humanos de coñecer o mundo e interactuar con el mediante a razón. Tivo a súa orixe no século XIV en Italia, e se estendeu por toda Europa durante o Renacemento. Que é o antropocentrismo? Doutrina filosófica que considera ao ser humano como centro do Universo. Baixo a súa concepción, o resto dos seres vivos quedan supeditados aos intereses, necesidades e benestar dos seres humanos.  Foi a doutrina dominante do Renacemento fronte ao teocentrismo da Idade Media.  Pensas que hai unha separación clara entre ciencia e cultura? A ciencia é unha disciplina que se encarga de estudar e investigar os fenómenos sociais, naturais e artificiais a través da observación, experimentación e medición para dar resposta ao descoñecido. Tendo en conta esta definición, e pensando que a cultura se refire ao conxunto de tradicións,  formas de vid...

2. A cultura científica

A materia de cultura científica abarca diversas temáticas, como poden ser: a bioloxía, a xeoloxía, a física, a química, a tecnoloxía, ... Algunhas ligazóns para indagar sobre aspectos relacionados con ela son: https://muribarricmc.blogspot.com  > A pesar de que este blog non aporta moita información de forma escrita, ten múltiples vídeos que abarcan temáticas moi variadas. https://nvalle.home.blog/blog-feed  > O problema deste blog é que as entradas están todas escritas de forma continuada, pero poden diferenciarse claramente unha das outras. O que me gusta del é que a periodista profundiza en cada un dos temas que trata, os cales son, ademais, moi interesantes. https://cultura4eso.blogspot.com  > Este blog aporta información, principalmente, sobre a saúde. Como corresponde a un instituto, a maioría das entradas son respostas do alumnado a preguntas feitas polo profesor, de forma que sempre se repiten as mesmas preguntas, mais cada alumno responde a cada unh...

1. Presentación

Ola! Bos días! Chámome Andrea Gómez e este ano estou cursando primero de bacharelato no IES Escolas Proval (Nigrán). A miña asignatura favorita sempre foi matemáticas, mais iso cambiou cando cheguei a cuarto da ESO. Ese ano comezoume a interesar moito a asignatura de Bioloxía, máis concretamente a parte adicada á célula e ao ADN. Tamén me pareceu moi útil todo o que aprendemos sobre os virus, xa que eses coñecementos nos axudaron a entender mellor a pandemia pola que estamos a pasar. É por iso que escollín Cultura Científica este ano, porque aborda moitos temas que din o ano pasado nos que me gustaría profundizar algo máis.